Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ames
Parroquia: Agrón (San Lourenzo)
Lugar: Igrexa, A
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro de plataforma de tres chanzos con remate en moldura redondeada, o primeiro máis alto que os outros, cunha base cuadrangular con placa de mármore co nome do párroco e a persoa que o costeo e a data de 1908. Arranca o fuste de forma cuadrangular e logo vólvese octogonal, para rematar novamente cadrado e con capitel de tipo corintio cunha cara de querubín no medio de cada lado . Cruz imitando madeira con nós, cun Cristo no anverso, de boa talla e volume, e a Virxe no reverso sobre unha cabeza que lle serve de pedestal. Diante del hai unha mesa de pedra que podería tamén facer de altar en algunha ocasión.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/AMES/documents/0023CA010.pdf (pax. 1 do pdf)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8907496034
Lonxitude: -8.70648801326
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84