Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Vigo
Parroquia: San Mamede de Zamáns
Lugar: Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Esta igrexa, levantada entre os anos 1701 e 1770, é de pequenas dimensións, executada en perpiaño, de planta rectangular, con ábsida do mesmo formato que conforma un único volume co corpo principal. Complétase cunha sancristía que se adosa polo costado meridional da cabeceira.
A fachada principal organízase como un lenzo mural liso, que se coroa mediante aletóns rematados en volutas, en medio dos que se alza unha espadana central, a modo de peineta. No eixo central ábrese a porta de entrada, en forma de arco de medio punto coa doelaxe marcada, dispoñéndose sobre ela unha ventá rectangular que carece de guarnición. Remata a fachada unha espadana composta por dous corpos superpostos, coroada por un curioso pináculo en forma de ananás.
Os costados N e S aparecen articulados mediante tres contrafortes cada un, abríndose tamén neles sendas portas laterais. No parámetro meridional adósase a sancristía, de planta cadrada, construída segundo a inscripción existente no ano 1770.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

Destacan as carpinterías de madeira do interior.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

PXOM CONCELLO DE VIGO – Agosto 2021 (ficha AR.30.001 – páxina 96)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/VIGO/documents/26620ca019.pdf (Ficha A_170)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1551083473
Lonxitude: -8.68815779686
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84