
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Paderne de Allariz
Parroquia: Coucieiro (San Vicente)
Lugar: San Vicente
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Templo de planta rectangular con cuberta a dúas augas que se levanta en perpiaño granítico perfectamente labrado e escuadrado.
A súa fachada principal presenta un eixo de simetría composto por unha porta de acceso gorecida baixo un arco de medio punto, seguido en altura por un óculo de grandes dimensións que debuxa no seu interior unha cruz puntiaguda calada en cristal. Sobre o óculo disponse a espadana, unha peza de dobre oco coroada por pináculos que flanquean unha sorprendente áncora pétrea coroada por unha cruz latina sen figuración. Esta inusual espadana deriva dunha reformación parcial sufrida por este elemento hai dous séculos aproximadamente (en 1815).
Tamén sufriu a caída dalgunha das pedras polo impacto dun raio a mediados do século XX.
No interior consérvase unha ara romana que xa estando antes dentro da igrexa, pasou por outros depósitos, como o estudo do pintor Vidal Souto, o patio da casa reitoral etc. Trátase dun bloque de granito con focus e baquetón resaltado na parte superior. Aínda que ten algunha marca pola sua reutilización, pódese ver a lenda: TVTELLA(E)/ BERIS / SILO SILO /NIS/VS(L)M
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: Ara - GA32055ACH-1
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PADERNEDEALLARIZ/documents/26630ca002.pdf(Pax.9)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PADERNEDEALLARIZ/documents/26630ca201.pdf (ARA – Pax.6)
http://www.panoramio.com/photo/73065634
http://www.panoramio.com/photo/73065632
http://www.panoramio.com/photo/73065637
http://www.panoramio.com/photo/73065626
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.24789073275654Lonxitude: -7.767889201641083
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84