Casa reitoral de San Vicente de Coucieiro
Catalogouno Gavilanes67 o Nov 11, 2012 • 12:46 p.m. •

Outra fotografía:

Tipo de ben: Reitoral,
Concello: Paderne de Allariz
Parroquia: Coucieiro (San Vicente)
Lugar: San Vicente
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Edificio de planta rectangular e cuberta a dúas augas que se atopa xusto a carón do templo parroquial de San Vicente.
O seu paramento aparece composto por cachotería de granito, encintado en cal, o que produce un fermoso contraste estético.
Esta vivenda comunícase directamente co adro do templo e coa rúa, neste último caso a través dun portalón cuberto separado da casa por un patio. Na súa fachada oeste a vivenda amosa unha solaina amplamente desenvolvida á que se accede a través dunhas escaleiras dun único tiro labradas en pedra.
A reitoral íllase do rueiro por medio dun elevado muro de 2,5m de altura constituído en aparello poligonal. Neste muro aparece unha pedra gravada con lenda e decoración, na que se pode ver a data de 1865.
Actualmente gran parte do edificio está en ruína. Xa hai tempo que caeu o teito e a vexetación abrollou no interior. Quedan as paredes en pé aínda que xa aparecen pedras tiradas polo chan.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PADERNEDEALLARIZ/documents/26630ca002.pdf (Pax.10)
http://www.panoramio.com/photo/73065626
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: SiNon
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.24788477629787Lonxitude: -7.768076956272125
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
Se estiveches nel, valora o estado deste Ben Cultural (é importante):





