Outra fotografía:
Tipo de ben: Paisaxe histórica/cultural,
Concello: A Coruña
Parroquia: A Coruña
Lugar: A Coruña
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Construción arquitectónica do século XVIII proxectada polo enxeñeiro militar de orixe francés Francisco Montaigu, cuxa finalidade era a de canalizar a auga dende o manancial do Vioño ata a cidade baixa da zona da “Pescadería”.
Entre as características construtivas, observamos un modelo de cimentación de tipo ciclópeo de diversos tipos de pedras, cunhas arcadas de medio punto e contrafortes de granito.
Na parte superior atopamos un tipo de canalización por “arquetas” e “alcaduces” construídos tamén en pedra granítica; e algúns deles feitos en arxila da aldea de Buño. Ademais consérvase unha das portas que impedían o acceso á parte superior do acueduto; tal e como se pode observar na seguinte fotografía: http://s2.subirimagenes.com/fotos/6650299cimg7876.jpg
Nos muros laterais do acueduto pódense ver unha serie de “furados” onde se acoplaban as vigas de madeira que sustentaban a cuberta a dúas augas (tamén feita en madeira) da parte superior do acueduto; como se observa na seguinte fotografía: http://s3.subirimagenes.com:81/fotos/6650325cimg7882.jpg
Na actualidade esta obra sufriu, desgraciadamente, a mutilación no seu extremo, da baixada de augas; e foi substituída por unha fonte con caída en “fervenza” como resultado das obras de urbanización da zona residencial do Paseo das Pontes, como vemos nesta fotografía: http://s3.subirimagenes.com:81/fotos/6650332cimg7888.jpg
Os testimonios documentais sobre esta construción aparecen recollidos na Real Célula de Felipe II, fechada o 16 de Decembro de 1564, onde se autoriza a construción da canalización da auga entre o manancial do Vioño e a Cidade Baixa, atendendo ás peticións do Concello da Coruña. Anexo a este documento, hai unha memoria da construción firmada polo mestre de cantería Tristán Dargis, na que describe as características construtivas e o custo final das obras, fixado en 7300 ducados; que comparados cos 50000 ducados nos que se presupuestou as obras acuíferas de Juan de Herrera na cidade de Valladolid, dannos unha idea do carácter modesto das obras do acueduto da Praza de Carballo (actual Paseo das Pontes).
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
VALEIRO SOLSONA, Carlos: “Los orígenes del abastecimiento de agua a la ciudad de a Coruña” Actas del Segundo Congreso Nacional de Historia de la Construcción. (A Coruña 1998).
URL: http://gilbert.aq.upm.es/sedhc/biblioteca_digital/Congresos/CNHC2/CNHC2_061.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
A parte superior do Acueducto está cuberta por un pouco de “maelza” e os furados da parte lateral do muro e a arqueta superior teñen lixo.
Onde está localizado
Latitude: 43.363908949940495Lonxitude: -8.415741920471191
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
8 comentarios
Pancho - Lapatianco says:
Xul 12, 2011
Estupenda entrada. Compre salientar que todavía se conserva a construcción feita no manancial orixinario, pero que está afectada pola próxima construcción dunha urbanización. Poderías subir outra ficha con este ben.
E salientar que todas as conduccións finais, tuberías etc, ata as distintas fontes da Coruña estaban feitas en cerámica feita polos artesáns oleiros da aldea de Buño.
Alberte.NM says:
Xul 13, 2011
Moitas grazas Pancho pola túa información. Reeditarei o post coa túa información.
Xa pensaba facer outra entrada coas distintas fontes; sobre todo a que está na zona do ventorrillo (que é o manancial principal)xa que vivo ao lado. Pero un problema que se me plantexa agora mesmo é o feito de que á hora de catalogar non teño un filtro que identifique este tipo de infraestruturas de enxeñería de tipo civil como as fontes e incluso o acueduto se te fixas na ficha.
carmela says:
Xul 13, 2011
Alberte, decaiteime diso cando vin a túa entrada. Veremos se se pode amañar e engadir algunha tipoloxía
adela suma says:
Out 6, 2011
Non funquen de atopar este ben no PXOM vixente actualmente na Coruña:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ACORUNA/documents/0152CA001.pdf
adela suma says:
Out 6, 2011
Se vos interesa o tema do abastecemento de auga potable na cidade da Coruña,
enlázovos este texto “Los orígenes del abastecimiento de agua a
la ciudad de A Coruña” de Carlos Valeiro Solsona:
http://gilbert.aq.upm.es/sedhc/biblioteca_digital/Congresos/CNHC2/CNHC2_061.pdf
candepalleiro says:
Out 7, 2011
Con respecto á túa referencia, Adela, cómpre dicir que a “Arqueta dos Frailes” hoxendía está localizada e limpada, aínda que ameazada por unha urbanización en San Pedro de Visma…
Pharum Brigantium says:
Set 17, 2015
Existe unha continuación deste acueduto cara a “Arqueta dos Frades” na rúa Almirante Mourelle, mais está en moi mal estado de conservación: https://www.google.com/maps/@43.3665472,-8.4221746,3a,75y,131.27h,89.47t/data=!3m7!1e1!3m5!1sNkDU8jeIzfyek-LamlHhUw!2e0!6s%2F%2Fgeo3.ggpht.com%2Fcbk%3Fpanoid%3DNkDU8jeIzfyek-LamlHhUw%26output%3Dthumbnail%26cb_client%3Dmaps_sv.tactile.gps%26thumb%3D2%26w%3D203%26h%3D100%26yaw%3D316.18933%26pitch%3D0!7i13312!8i6656?hl=gl
Oscar Franco says:
Nov 13, 2016
A prensa escrita do 10 de novembro de 2016 recolle o estado de abandono deste ben arquitectónico:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/coruna/2016/11/10/maleza-come-acueducto/0003_201611H10C2991.htm