
Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Rois
Parroquia: Urdilde (Santa María)
Lugar: Agrafoxo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Asentamento fortificado con dous parapetos moi esmorecidos e pouco visibles debido a vexetación e a súa destrución polas labores agropecuarias. Un correspondería co borde da croa e o último sería o máis contundente e afastado desta uns 40 m. Entre eles hai unha pendente moi homoxénea que podería conter outro tipo de defensa. De croa moi reducida e que puido nalgún momento ser transformada noutro tipo de recinto ou pequena fortaleza . As fotos no Mapa de Pendentes Lidar 2010 e do voo americano do 1956, parecen indicar que as barreiras defensivas eran moito máis altas e rexas pola banda oeste e noroeste, debido a que este sector e o máis desprotexido por estar case ao mesmo nivel que as terras limítrofes. Pola banda este ten pendentes acusadas e unha visión sobres os vales que dan cara a conca do río Rois, os Montes do Oleirón e o castro de Agrafoxo. Na actualidade rodean o cume do recinto unha zona de plantación de piñeiros e eucaliptos con moita maleza. Unha invasión de acacias intransitable medra no recinto plano da coroa duns 40 metros de diámetro. Nun dos únicos sitios con pouca vexetación distínguese cachotería moi fina e un alombamento que correspondería co segundo parapeto. Atópase o asentamento cerca dun antigo camiño de boa anchura e que podería ser noutros tempos unha importante vía de comunicación cara a Lousame e Noia, pasando por Toxosoutos.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15074007
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ROIS/documents/0349PB004.jpg (esquina esquerda do Plano)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.81877368515106Lonxitude: -8.74762773513794
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
elixiovieites says:
Nov 16, 2012
Páxina web onde se cita este e outros castros do concello de Rois:
http://content.yudu.com/Library/A1rtfk/ARutaXacobeadoMardeA/resources/84.htm