
Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Rois
Parroquia: Urdilde (Santa María)
Lugar: Agrafoxo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
O asentamento está nun outeiro chamado coto do castro e que se eleva sobre as terras do entorno moi cerca da aldea de Agrafoxo a unha altitude de 345m. Ten forma ovalada e no seu diámetro máis longo, este-oeste, ten unha medida aproximada de 75 m. e na máis curta 45 m., que vai de norte a sur. Actualmente véselle unha só entrada polo lado norte e todo o recinto amosa parapetos defensivos ou de contorna do recinto con pendentes máis rexas pola lado sur. O interior da croa está adicado a monte de piñeiro e eucalipto. Está moi cercano ao castro do Coto da Ferreira, este cunha croa moito máis pequena, outra morfoloxía e 100 m máis de altitude en dirección suroeste.
Nas fotos de planos Lidar e do voo americano podemos ver a situación dos dous castros, a unha distancia de 625 m. en liña recta.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15074001
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ROIS/documents/0349PB004.jpg
Web que cita os castros de Rois: http://content.yudu.com/Library/A1rtfk/ARutaXacobeadoMardeA/resources/84.htm
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.82315339996695Lonxitude: -8.74187707901001
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




