Outra fotografía:

Tipo de ben: Industria,
Concello: Outes
Parroquia: Freixo
Lugar: Freixo de Sabardes, O. (San Xoán)
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Formaba parte do antigo serradoiro da SEDEFAL (Sociedad Española de Explotaciones Forestales Agrícolas Limitada ) hoxe está dentro dos terreos dos astalerios da Ribeira do Freixo. Trátase dunha construción de ladrillo de considerable altura que se pode ver a beira da estrada C-550 ao seu paso pola localidade. A parte inferior e o remate son cilíndricos, mentres a central é cónica. No remate superior, ladrillos saíntes a modo de cornixa circular sérvenlle de motivo decorativo e quizá tamén de reforzo. Parece ser que servía principalmente para evacuar o fume producido polo refugallo da madeira. A xente recorda aínda o nome da sociedade SEDEFAL por unha serie de naipes de Fournier.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/OUTES/documents/27506CA030.pdf ( pax.6 de 6)
Os naipes de Fournier
http://www.todocoleccion.net/baraja-fournier-publicidad-antigua-sedefal-forestal-agricola-timbre-1-25-pts~x30013544


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.800249229026804
Lonxitude: -8.944298028945923
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84