
Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Nigrán
Parroquia: Chandebrito (San Xosé)
Lugar: A Igrexa - O Castro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
A súa altitude é de 376 metros sobre o nivel do mar, o que lle confire un tipo de emprazamento de montaña que poucos castros da zona o posúen. Consta dunha muralla de aparello poligonal polo seu lado norte. Polo sur, a defensa ven dada pola configuración natural do terreo, extremadamente rochoso e abrupto que fai o castro inaccesible por este lugar. Posiblemente este poboado posuía outros sistemas de defensas, como fosos e terrapléns, pero na actualidade son moi difíciles de apreciar polo modificado que está o terreo. O recinto castrexo posúe tres terrazas orientadas cara ao norte e nacente. Escalonadas unhas enriaba de outras, danlle ao monte unha configuración que o fai recoñecible a gran distancia. A primeira desas terrazas é unha pequena acrópole totalmente rochosa que posúe numerosas coviñas. Na segunda terraza ou plataforma obsérvanse dúas belas cazoletas artificiais duns 30 centímetros e 15 cms. de profundidade cada unha. Tamén nesta terraza pódense observar restos de muros. Na terceira terraza pódese ver unha gran cazoleta moito máis grande que as anteriores, moi erosionada, que posúe un surco de saída. Abundan por toda a superficie deste castro materiais cerámicos debidos á espoliación e á pista que construíron na ladeira norte. A cerámica castrexa que foi encontrada presenta diferentes decoracións pero as máis frecuentes son as estampas representando “SSS”. Tamén son moi abundantes os fragmentos cerámicos que fan alusión á etapa romana.
Segundo se desprende dos datos obtidos in situ, este poboado estivo habitado desde a Idade de Ferro ata os séculos VI ao VIII a.X., e II da nosa era.
A localización deste castro fálanos do control e dominio xa en época romana da zona.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Os incendio de outubro de 2017 queimaron todo o conxunto do castro.
A prensa escrita de decembro de 2018 e febreiro de 2019 recolle a nova da nova escavación do castro e os seus achádegos recentes (ver referencia bibliográfica).
A prensa dixital do 21 de maio de 2019 recolle a nova dos traballos para converter o castro de Chandebrito en museo ao aire libre. (ver referencia bibliográfica).
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/NIGRAN/documents/0844CA001.pdf (p. 3)
http://valminorarqueologico-etnografico.blogspot.com.es/2007/10/el-castro-de-chandebrito-nigrn.html
http://www.galiciamaxica.eu/Sitios/PONTEVEDRA/nigran/Monte%20do%20Castro.html
http://sitga.xunta.es/sitga/pdf5000/22383d.pdf
http://historiadegalicia.gal/2017/10/asi-quedaron-dos-bens-patrimonio-galego-arderon-domingo/
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/nigran/2017/11/03/xunta-autoriza-intervencion-urgente-castro-chandebrito-ante-riesgo-desprendimientos/00031509731306117437142.htm
http://historiadegalicia.gal/2017/11/xunta-autoriza-unha-actuacion-urxente-no-castro-de-chandebrito-evitar-corrementos-de-terra/
http://historiadegalicia.gal/2017/12/extenso-informe-patrimonio-de-galicia-queimado-outubro-petroglifos-castros-castelos-outros-bens/
https://www.farodevigo.es/comarcas/2018/12/19/comuneros-retoman-excavacion-castro-chandebrito/2019224.html
https://www.farodevigo.es/comarcas/2019/02/16/castro-chandebrito-duro-mil-anos/2052534.html
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2019/02/16/encuentran-restos-fenicios-romanos-suevos-castro-chandebrito/0003_201902V16C6991.html
Chandebrito, o castro que xa comerciaba cos fenicios e que estivo habitado por continxentes suevos
TRABALLOS PARA FACER UN MUSEO AO AIRE LIBRE
https://www.farodevigo.es/comarcas/2019/05/21/arrancan-trabajos-convertir-castro-chandebrito/2108732.html
https://www.farodevigo.es/comarcas/2020/09/19/castro-chandebrito-saca-luz-primera/2342054.html
TRABALLOS ARQUEOLÓXICOS DE MAIO DE 2021
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/nigran/2021/05/07/comienza-nueva-excavacion-castro-chandebrito/00031620411413445259774.htm#:~:text=Nigr%C3%A1n%20inici%C3%B3%20esta%20semana%2C%20con,se%20estima%20en%20un%20mes.
La historia emerge en Nigrán: se inicia una nueva fase de excavación en el Castro de Chandebrito
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Un lenzo grande da muralla foi derruído ao construírse unha pista que vai cara o monte.
Onde está localizado
Latitude: 42.1651251328Lonxitude: -8.75472486019
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
Oscar Franco says:
Nov 23, 2012
A Asociación Chandebrito 1807 denuncia o “total estado de abandono” no que se atopa o castro.
http://valminor.info/nigran/4948-o-castro-de-chandebrito-agochado-entre-as-silvas
Oscar Franco says:
Abr 18, 2017
A rede recolle a denuncia feita pola Asociación Veciñal e Cultural Chandebrito 1807 do deposito de entullo ao carón deste castro:
http://chandebrito1807.blogspot.com.es/2017/03/solicitude-investigacion-deposito-de.html
https://clubemauxo.com/2017/04/17/denuncia-deposito-de-lixo-no-castro-de-chandebrito/
http://www.comarcasnarede.com/index.php/val-minor/nigran/item/6534-denuncian-o-deposito-incontrolado-de-residuos-de-obra-en-chandebrito
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2017/04/14/vertedero-ilegal-contamina-castro-chandebrito/0003_201704V14C4991.htm