
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Rois
Parroquia: Urdilde (Santa María)
Lugar: Calle, A
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Comezouse a construír en 1711 e sofre importantes reformas, das cales a máis importante foi no 1833. A igrexa ten planta rectangular con corpos acaroados a nave principal e feita a base de perpiaño regular de granito e con tellado a dúas augas. A fachada, case lisa, acolle ao campanario que vai centrado con respecto a esta. Dous grandes pináculos nas esquinas superiores sérvenlle de remate . A porta é o único elemento decorativo xunto coas pilastras laterais. Leva unha moldura enmarcándoa nas esquinas e con orelleiras cadradas. Enriba vai un frontón triangular con cornixas de pouco voo, e dentro del unha fornela coa imaxe da Virxe María. Arranca o corpo do campanario con adornos de placas no lenzo inferior.
As campás van en ocos rematados en arco de medio punto, con molduras nas cornixas que dan paso a o outro corpo con oco para outra campá e con moitos adornos de volutas, pilastras e pináculos con bólas. Ten retablos do s. XVIII, obra de alumnos da escola dos Romay, con imaxes e unha caixonería cun crucifixo de Ferreiro no interior. O mestre Fernando de Casas Novoa participou na súa construción.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ROIS/documents/0349CA003.pdf (pax 1)
http://centros.edu.xunta.es/ceipdepumarurdilde/pdfs/igrexas.pdf
http://anuariobrigantino.betanzos.net/Ab1998PDF/1998_103_118.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.83176948701407Lonxitude: -8.731416463851929
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84