Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Gondomar
Parroquia: Vincios (Santa Mariña)
Lugar: Ervillás
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

A Igrexa parroquial de Santa Mariña de Vincios data de finais do século XII e principios do XIII, con engadidos no XVII e adaptacións do XIX. Ten unha única nave con ábsida rectangular. Na cara norte foi adosada a sancristía. A súa fachada principal é totalmente lisa rematada en volutas estilizadas, con pináculos nas esquinas. No centro ten unha fiestra cadrada, con moldura acobadada. Remata en espadana de dobre oco con frontón circular ao centro, adornada con molduras é pináculos. Como portada conserva a orixinal románica. Confórmase de tres arquivoltas e arco de medio punto en aresta viva e apoiada en xambas rectas. As portas laterais son alinteladas con mocheta e derrasme de xambas na cara interior. As fiestras son abucinadas e algunhas teñen recercado. Conserva dúas a modo de seteiras de derrame interno. Acolle a cuberta cunha cornixa libeal que se apoia en canzorros.
Conserva algúns elementos románicos da primitiva igrexa: vinte canzorros por cada lado da nave e a cruz antefixa no piñón do muro da cabeceira.
Soamente dous dos canzorros están decorados con personaxes, un por cada lado, os outros son de proa de braco e en nacela.
A ábsida é unha construción que se engadiu á primitiva igrexa románica, cunhas dimensións máis pequenas. Ten unha cartela decorativa coa seguinte inscrición: “1568. CORTINAS” , e ao lado no muro “RETOR”. Probablemente fora remodelada no século XVIII.
A capela maior divídese en tres tramos por medio de arcos faixóns de medio punto que se apoian en ménsulas e sosteñen a bóveda de canón. A sancristía foi engadida no lado norte tamén no século XVIII.

Estivo abandonada uns anos e o seu culto parroquial pasou para a capela de Santa Lucía (http://patrimoniogalego.net/index.php/30384/2012/12/ermida-de-santa-lucia-2/)


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

As pinturas murais que apareceron na limpeza dos muros interiores (no ano 2018) localízanse sobre o arco triunfal (coa representación dun Cristo Resucitado) e na cabeceira (Cristo na Cruz).
Tamén apareceron representacións policromadas de escenas do Novo Testamento.

Destaca tamén o seu retablo maior de estilo neoclásico.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://pxom.concellodegondomar.info/PXOM/09-CATALOGO/FichaPlanoEtnoArq/EtnoArq6.pdf (Ficha 10.01 – Páxinas 1 e 2)
http://www.minhor.org/component/content/article/63-informacion/655-historia-e-arquitectura-da-igrexa-parroquial-de-santa-marina-de-vincios
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2006/03/24/vincios-recupera-tesoro/0003_4629969.htm
http://vincios.org/es/igresia-parroquial-de-santa-marina/

BIBLIOGRAFÍA
SOLIÑO TRONCOSO, Antonio (2018). Percorridos polo patrimonio cultural da vila e concello de Gondomar de Miñor. Ed: IEM – Instituto de Estudos Miñoráns


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1444893803
Lonxitude: -8.72778475285
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84