Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Oleiros
Parroquia: San Martiño de Dorneda
Lugar: Xaz - Abeleiras de Abaixo
Outra denominación do ben: Castro de Abeleiras - Os Redondos
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Castro en emprazamento dorsal en suave pendente. No seu momento tiña vistas á ría da Coruña. Encadrable dentro do arco de castros ártabros.
Recinto ovalado duns 150 x 100 m. Pola parte sur presenta tres parapetos e 2 foxos.
Nas casas arredor atópanse uns poucos restos líticos (muíños circulares) aparecidos dentro do castro durante os traballos agrícolas, silvícolas e de cavar as foxas para os animais. Outros materiais foron usados na construción desas mesmas casas.
As murallas acadan todavía unha gran altura, sobre todo a máis interior das tres. Sen uso actual. Ata hai uns tres anos se usaba a metade da croa para sementar millo. Inda que abandonado, e parcialmente cuberto de vexetación, existen corredoiras e camiños interiores que facilitan a súa visita. A croa todavía é visitable, inda que por pouco tempo.

De propiedade privada ata hai pouco, está pendente de pasar a dominio público por permuta


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen usoAgrícolaOutros
Código no Catálogo da Xunta: GA15058009
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Non conseguimos que as persoas preguntadas lembrasen ningunha tradición vencellada directamente ó castro, nen tampouco lendas. Comentan que un uso habitual dos foxos era como lugar onde enterrar os animais domésticos mortos (vacas, cans, burros, etc.). O uso tradicional da croa, como en tantos outros casos, era para horta e máis herba ou cereais. Os parapetos aproveitábanse para uso silvícola. Era zona de xogos para os rapaces do lugar (as agachadas, tirolinas, etc.)


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-Feitas catas de valoración en 2003 dirixidas por Otilia Prado.

-Anuario Brigantino 2008 (con fotos comparativas actuais e do voo americano):
http://anuariobrigantino.betanzos.net/Ab2007PDF/2007%20143_166.pdf

-Cadernos de Estudos Oleirenses, XII, “Os Castros de Oleiros” Ed. Triforium, por Beatriz Comendador, Joaquín Ferrer e Santiago Vázquez, ISBN 978-84-935325-3-6-

-Publicidade urbanización pegada ó muro exterior: con
foto aérea: http://www.grupoavalexa.com/oleiros/oleiros.htm

-No blog de Beatriz Comendador: http://pasadoreciclado.blogspot.com/2009/08/el-castro-de-xaz-en-arteixo-coruna-esta.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: SiNon
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

O muro exterior sur foi cortado recentemente de xeito parcial para a construción dunha urbanización de 5 chalets enfrente do mesmo, a uns 5 metros de distancia. Ó norte hai outras casas do fins do s.XIX e principios do XX que tamén cortaron no seu día este parapeto exterior e dan á estrada principal. Outras máis novas, de fins do s.XX contruíronse máis pegadas a este muro destruíndoo ou afectándoo.
No entorno está proxectado un campo de golf. Dentro do proxecto compensatorio está a recuperación deste xacemento arqueolóxico.


Onde está localizado

Latitude: 43.3525901777
Lonxitude: -8.32480430603
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84