
Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Pazos de Borbén
Parroquia: Amoedo (San Sadurniño)
Lugar: Monte Rebordiño
Outra denominación do ben: Pedra das Teixiñas
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:
Conxunto de catro pedras con gravados rupestres. Os motivos predominantes son as combinacións circulares, sobre todo figuras circulares delimitando agrupacións de numerosas coviñas. Non falta algunha representación de cervos. Unha quinta pedra cunha escena de cópula de cervos semella foi destruída hai xa varias décadas.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
GARCÍA ALÉN, A. e PEÑA SANTOS, A.: “Los grabados rupestres de la provincia de Pontevedra”. Fundación Barrié de la Maza, A Coruña 1981
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
A acción dos lumes forestais rematou descunchando a superficie do petróglifo afectanto gravemente ós gravados.
Onde está localizado
Latitude: 42.281087263086135Lonxitude: -8.544799089431763
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
5 comentarios
Oscar Franco says:
Dec 31, 2016
Estes petróglifos, rexistrados co código GA36037024, figuran no PXOM Pazos de Borbén. Aprobación inicial Xuño 2009.
Forin declarados BIC no ano 1975.
Oscar Franco says:
Out 30, 2017
Xusto unha semana despois dos lumes de outubro de 2017 o efecto da termoclastia fai estragos neste fermoso conxunto das Tenxiñas.
Os fragmentos estralados aparecen a 1 e 2 metros de distancia.
Oscar Franco says:
Out 30, 2017
Fotografía dos cervos afectados pola termoclastia dos que fala o autor desta ficha.
Indignación e rabia !!!. Un conxunto declarado BIC non pode sufrir este tipo de ataque !!!.
A costa de “gañar” uns cantos amigos, deixo aquí a miña reflexión:
Os bosques e a flora, de mellor ou menor forma, recuperarán.
Os animais, seguro que a pasos moi pequenos, volverán.
Pero estes gravados, no momento que a pedra comece a estralar, ou
desaparecen ou se perden en parte.
Para construír o noso futuro é necesario coñecer, respectar e poñer en valor o noso pasado.
Oscar Franco says:
Out 30, 2017
Cervos estralados
Oscar Franco says:
Dec 3, 2018
Artigo deste petróglifo, un ano despois do lume que o estragou:
https://historiadegalicia.gal/2018/12/sos-tenxinas-cando-o-lume-e-a-indiferencia-rematan-con-miles-de-anos-de-historia/