
Outra fotografía:
Tipo de ben: Asentamento,
Concello: Rois
Parroquia: Buxán (San Xoán)
Lugar: Picadizo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
O Plano do Pxom de Rois marca dous xacementos na aldea de Picadizo, Os catalogados como GA15074009 e GA15074006. Os veciños chaman a este, o máis cercano á aldea, a “Morosa Grande” e parece que o que está a 500 metros ao nordés dunha meseta sobre o Río de Rois identifícano como só o único castro existente na aldea e sería o chamado Castro de Picadizo. O castro do Tremiñado ou Morosa Grande( GA15074009) está nunha meseta rodeada por dous afluentes do Río de Rois,(Rego do Porto Mouriño e o Río Cans) ao igual co castro de Picadizo. A tradición oral apunta a existencia dunha igrexa no cume do outeiro en tempos antigos. Ten unha coroa de 70 metros e un parapeto de terra que rodearían o xacemento nun perímetro de 90 metros, pero está moi esborrallado e destruído en algunhas partes polas labores agrícolas e non se descarta outro tipo de estruturas nun estudio máis riguroso. Ao norte do castro a 200 m., nun outeiro do estremo norte da chaira, que os veciños chaman “O Cotarelo” pódese identicar unha elevación artificial, a modo de base dunha pequena torre ou mota, contra o val do río Cans.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta: GA 15074009
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ROIS/documents/0349PB015.jpg
(Web cos Castros de Rois)
http://content.yudu.com/Library/A1rtfk/ARutaXacobeadoMardeA/resources/84.htm (WEB Castro de Rois)
Web onde se identifica o outro castro “Castro de Picadizo)
http://es.wikipedia.org/wiki/Rois
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7511231961Lonxitude: -8.72578382492
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
elixiovieites says:
Mar 11, 2014
Plano de pendentes Lidar cos castros de Tremiñado (na agra de Contres) e castro de Picadizo ao nordés. Tamén o “Cotarelo de Picadizo”, a poucos metros ao norte. http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/PENDENTES/Pendentes_0120A-0404.pdf