
Outra fotografía:
Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Rois
Parroquia: Ermedelo (San Martiño)
Lugar: Fontefría - Martelo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:
A mámoa está ao carón da estrada de AC-543 de Noia a Santiago ao seu paso cerca de Fontefría e Martelo no lugar chamado “O Marco “, e que aínda hoxe está entre os límites do concello de Rois e Lousame. Está a 2 qm. do campo de 7 mámoas do Codeso (ou Martelo) catalogadas do pxom de Rois, e en perfecta aliñación cara o oeste con respecto a estas. Posiblemente estivera formando parte doutro campo de mámoas , pois un alombamento a 50 m. cara o oeste dela foi nivelado ano a ano polas labores agrícolas ata facerse inapreciable e algúns expertos recoñecían nel os restos doutra mámoa (aínda se pode apreciar na foto de situación, a esquerda e dentro dun prado, as lixeiras sombras que fan as pequenas pendentes da desaparecida mámoa). Esta mámoa Do Marco leva o código GA15074017 e foi cortada por unha pista e unha estrada , quedando a parte oeste e norte moi alterada, está izada de maleza e nela nacen eucaliptos. Os veciños non saben nada da súa existencia e non a identifican como un Ben arqueolóxico.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15074017
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ROIS/documents/0349PB003.jpg (esquina inferior esquerda do plano)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Foi cortada para facer unha pista de terra e a estrada que vai a Moares.
Onde está localizado
Latitude: 42.811700801020166Lonxitude: -8.781163394451141
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




