
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Rois
Parroquia: Augasantas
Lugar: Augasantas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A igrexa de estilo barroco ten nave de cruz latina, con dous pequenos corpos saíntes a cada lado da nave, de menor altura, e sancristía acaroada ao lado norte do presbiterio. Feita a base de cadeirado de granito e tellado a dúas augas, excepto na cabeceira e brazos menores da cruz de menor desenvolvemento. A torre do campanario, que aparece situada no eixo central da fachada, proporciona unha grande verticalidade á edificación, algo que consigue grazas ao seu gran porte
A portada aparece decorada con orelleiras cadradas de baquetóns superpostos que enmarcan a porta. Esta vai flanqueada por pilastras con molduras. Enriba dela unha cornixa voada dá paso a un frontón de remate curvo onde se asenta unha fornela co santo da súa advocación. Remata a fachada en frontón triangular con dous grandes pináculos en forma de copa en cada esquina. Na torre do campanario pódense diferenciar tres corpos. O primeiro corpo cuadrangular, con adornos de rebaixes nos muros, remata nunha cornixa moi voada que dá paso ao outro corpo rodeado de fermosa balaustrada e que acolle as campás en ocos rematados en arco de medio punto que levan dúas pilastras refundidas por cada cara. O terceiro corpo de base octogonal con vans que rematan en arcos e que sosteñen unha pequena cúpula con nervios e rematada en pináculo que culmina cunha cruz de forxa. Ten adornos de pináculos en cada esquinas dos entaboamentos que dividen os corpos da torre.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ROIS/documents/0349CA002.pdf
(pax. 1)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.793982771298126Lonxitude: -8.737832307815552
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




