
Outra fotografía:
Tipo de ben: Industria,
Concello: Vigo / Vigo (comarca)
Parroquia: Coia (San Martiño)
Lugar: Vigo
Outra denominación do ben: La Artística (complexo industria metalgráfica)
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
La Artística é un complexo industrial abandonado. Ocupa uns 17.000 m2, está na viguesa parroquia de Coia, entre as rúas Tomás Alonso, Coruña, Ramón Soler e a avenida de Beiramar. Está composto por catro edificios industriais distintos, a máis de tres prazas, unha rúa interna e outras dependecias (oficinas, laboratorio, conserxería, depósitos,…)
A empresa matriz deste complexo é “La Artística”, unha empresa metalgráfica fundada por José y Suárez Germán, en 1890 na Coruña. En 1906, ante o aumento da demanda das conserveiras das Rias Baixas, os irmáns Pumariega deciden asociarse con Salgado e Eugenio Fadrique, para instalarse en Vigo.
Ao longo da súa historia La Artistica evolucionou, e pasou de fabricar exclusivamente folla de lata litografiada con motivos artísticos para as conserveiras, a facer tamén: maquinaria para conserveiras e outras industrias (talleres Alonarti 1916), azulexos de zinc, tabales de folla de lata, aneis de goma mástica (anos 50), envases de aluminio e produtos químicos para a industria metalgráfica.
A factoria de Beiramar estivo a funcionar a pleno rendimento ata 1996. O seu estado de conservación é bo, xa que estivo gardada ata fai ben pouco e incluso albergou as oficinas e garaxes da Policia Nacional. Na actualidade está abandonada, aínda se conservan maquinaria e equipos informáticos a máis de residuos industriais.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Guindastres.
Aserradoras.
Caldeiras.
Equipos informáticos.
Equipos de laboratorio.
Caixas fortes.
Tornos.
Refugallos industriais (latas, productos químicos,…)
Documentación (contabilidade, patentes,…)
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
* Berea, E. e García Movilla, Cruz C. “Inventario del Patrimonio Arquitectónico Industrial en Vigo y su comarca” MOPU, 1993
* Consultora Gallega SL, “Catálogo de Bens Culturais do PXOM de Vigo”, Vigo, 1993-2008.
* Giráldez Rivero, Jesús. “Las empresas metalgráficas en Galicia (1890-1936)” en “Investigaciones de Historia Económica, Junio 2010.”
* Giráldez, Xesús. “Eugenio Fadrique González: A Capacidade para os negocios” en “Empresarios de Galicia. Vol. 2” ed. CIEF, 2009.
* Muñoz Abeledo,Luisa “El mercado de trabajo en empresas marítimas: Massó y La Artística” Departamento de Historia e Institucións Económicas de la USC.
* http://www.entremosnapanificadora.com/index.php?option=com_content&view=article&id=157:76&catid=45:inventario-de-patrimonio-industrial-da-ria-de-vigo&Itemid=78
* http://www.entremosnapanificadora.com/index.php?option=com_content&view=article&id=183:103&catid=45:inventario-de-patrimonio-industrial-da-ria-de-vigo&Itemid=78
* http://www.entremosnapanificadora.com/index.php?option=com_content&view=article&id=224:116&catid=45:inventario-de-patrimonio-industrial-da-ria-de-vigo&Itemid=78
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Sí: o espazo de “La Artística” atópase integrado na súa totalidade no APR A-3-08 do PXOM de Vigo, para a edificación de 34.000 m2 de vivendas e apertura dunha rúa entre r/Ramón Soler e r/Coruña. Os dous elemntos catalogados polo PXOM, o A_172 (o taller mecánico Alonarti) e A_085 (la Artística 2), serán despiezados e trasladados a unha “parcela de cesión”. obrigada” ainda por esclarecer. Así mesmo o propietario actual, Nova Galicia Banco, está a espera de adxudicalos bens en subasta: cando isto se produza, o novo propietario poderá comezala promoción urbanistica deste ámbito.
Asemade, a conservación do conxunto está en perigo polos chatarreiros e colecionistas
Onde está localizado
Latitude: 42.22505668826449Lonxitude: -8.7376070022583
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84



620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




