
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Lousame
Parroquia: Vilacova (Santa eulalia)
Lugar: Vilacova
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Igrexa de nave única con cuberta a dúas augas e a catro no corpo máis elevado que corresponde ao presbiterio. Muros feitos de sillería regular na fachada e cachotería rebocada no resto. Sancristía acaroada a cabeceira e torre do campanario pegada a esta con porta independente. A fachada de estilo barroco amosa unha porta alintelada e enmarcada con pilastras e que remata nunha gran cornixa voada e con molduras. Enriba da porta vai unha ventá cadrada que enmarca unha cornixa que percorre a fachada en horizontal e da paso ao remate a modo de frontón triangular. O campanario de planta cadrada de dous corpos, dos cales o primeiro, e de máis altura, despois dunha cornixa dá paso a outro con catro ocos con arco de medio punto para as campás. Remata en pequena cúpula adornada con pináculos.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/LOUSAME/documents/0206CA005.pdf
(p. 6 de 10)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.77802956805213Lonxitude: -8.807172775268555
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





2 comentarios
Xandlinathry says:
Dec 7, 2012
Mira que pasei moitas veces por ahí querendo visitar o famoso retábulo, pero sempre está pechada…
Elixio Vieites says:
Dec 7, 2012
Cando fun eu tamén estaba pechado, pero tiña os horarios postos nun cartel.