Outra fotografía:
Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Becerreá
Parroquia: Vilouta (Santa Mariña)
Lugar: Vilouta de Arriba
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:
Debemos coller a estrada local que vai de Becerreá a Sarria. Ao chegar á aldea de Vilouta hai unha parada de autobuses, xusto enfronte, na outra beira da estrada, sube un camiño que se bifurca, debendo seguirse o da dereita que nos leva ata a anta.
Atópase nas abas da Serra da Pena do Pico, a 850 metros de altitude sobre o nivel do mar, no extremo dunha chaira.
Aínda que pola súa tipoloxía, de planta cuadrangular, podería facer pensar que estamos diante dunha cista da Idade do Bronce, trátase dunha anta megalítica.
A cámara está formada por tres esteos e tampa. A pedra da cabeceira, de 1,30 metros de longo e unha altura de 0,70 metros, é de cuarzo branco e as laterais, de 1,40 metros de longo e arredor dos 0,90 de alto, de granito de gran groso. A pedra cobertora ten un grosor de case un metro e mide case dous metros na parte máis longa. A entrada está orientada cara o oeste.
Adivíñase o que asemella un túmulo, moi achando polos labores agrícolas, cunhas medidas aproximadas de 11-12 metros de diámetro.
(Información obtida por Xabier Moure. Gracias)
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://arqueoancares.blogspot.com.es/2011/01/mamoas-e-castros-do-concello-de_3140.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.83204486724955Lonxitude: -7.201591730117798
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
nickname says:
Xan 30, 2013
Moi boa información, pero difícil de atopar.
Grazas,saúde.
Xandlinathry says:
Xan 30, 2013
Xa. O certo que a maioría na provincia de Lugo non son doados. Hai un desinterese xeral polas antas.
Xabier Moure says:
Mai 1, 2013
A anta de Vilouta, o enterramento megalítico máis espectacular do concello de Becerreá, non figura nin no inventario de Patrimonio nin no catálogo da aprobación inicial do PXOM do ano 2012. Hai uns días, cando me decatei da omisión, púxenno en coñecemento do Concello de Becerreá quen me contestou que o ían incluír.