Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ponteareas
Parroquia: Padróns (San Salvador)
Lugar: Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Este cruceiro érguese sobre unha bancada de pedra de considerable altura e tamaño, na que descansa unha plataforma de tres chanzos, sobre as que se levanta a base cadrada e cos bordes lixeiramente rebaixados; na súa cara frontal leva esculpidos en relevo unha caveira con dúas tibias cruzadas, como referencia ao pecado e á morte; leva, tamén, a seguinte inscrición:” MANDO HACER/A SU DEVOZION DNA ELENA B”. No outro lado, tamén ten un epígrafe pero é practicamente ilexible. Nesta base sitúase o fuste prismático-poligonal cun colar da mesma forma que dá paso a un capitel de tendencia clásica, follas de acanto, volutas nas esquinas e cabezas de anxos alados no centro, rematando en ábaco curvilíneo. A continuación a cruz ,latina, de brazos cadrados e cartela de INRI, que leva no seu anverso a figura dun Cristo coas mans en actitude de bendicir, cabeza inclinada á dereita, anatomía marcada e pano de pureza anoado á esquerda. No reverso hai unha Virxe en actitue recollida, con amplo manto que a cubre dende a cabeza. Vese apoiada sobre cabeza de arcanxo.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PONTEAREAS/documents/0861CA007.pdf (Páxina 1)
https://drive.google.com/folderview?id=0B8ACfkgfAFaDNkN0WWx4My1fZVE&usp=sharing&tid=0B8ACfkgfAFaDV2twRzVlMno0aG8 (Páxina 18)
https://cruceirosdegalicia.xyz/360421601.html

BIBLIOGRAFÍA
FERNÁNDEZ ÁLVAREZ, MONÉ. Cruces, cruceiros e petos de ánimas do Concello de Ponteareas. Ed. AGCE, S.L. Vol. XXXVII. 2008


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2262531664
Lonxitude: -8.5322034359
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84