
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Pereiro de Aguiar
Parroquia: Sabadelle (San Martiño)
Lugar: Sabadelle
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
É unha igrexa de estilo románico, do que conserva a portada occidental e gran parte dos muros da nave con canecillos nas cornixas, tamén no interior mantense o arco triunfal que da paso ó presbiterio moderno. Durante o ano 1847 cambióuselle a fachada de leste a oeste.
Consta dunha soa nave e amplo presbiterio. A súa porta principal é de dobre arquivolta semicircular dórica con arco triunfal apuntado, sobre semicolumnas acaroadas.
A súa portada está apoiada sobre columnas adosadas sobre as xambas, que se corresponden coa dobre arquivolta arredor do tímpano liso. No alto da fachada érguese a espadana con dous corpos; o primeiro ten dous arcos para as campás, o segundo só un, coroándose cun pequeno remate piramidal e unha cruz. No seu interior ten un sepulcro do século XVI e un artesoado de influencia mudéxar.
E curioso o modo en que ten a capela do Sagrado Corazón adosada en un lateral, polo interior están comunicadas.
Fronte a igrexa vemos un cruceiro con altar ao lado sobre una grada de catro chanzos.
No cruce da estrada que vai dende o lugar de Sabadelle ata Tibiás, atopámonos cun peto que é unha pequena construción cun relevo, no que se representan ás “ánimas” no purgatorio, no que se poden depositar as esmolas.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:



capela: http://www.flickr.com/photos/freecat/6199558853/
http://sociedadmino.wordpress.com/2010/10/03/san-martino-2010/
http://www.concellopereiro.com/entrada.htm
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PEREIRODEAGUIAR/documents/0478CA005.pdf (Pax.7)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.35990157260508Lonxitude: -7.81807601451873
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
Oscar Franco says:
Dec 2, 2025
Engado a seguinte referencia web:
https://www.romanicodigital.com/sites/default/files/pdfs/files/ourense_Sabadelle.pdf
https://turismo.ribeirasacra.org/iglesia-de-san-martino-de-sabadelle