
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Oleiros
Parroquia: San Pedro de Nós (San Pedro)
Lugar: Adro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XXI,
Descrición:
Cruceiro de tipo De Crucifixo con plataforma cadrangular de tres chanzos e pedestal cúbico cun círculo moldurado arriba. No segundo chanzo ten unha inscrición que abarca os catro lados e que pon:”NA MEMORIA DOS NOSOS DEVANCEIROS SAN PEDRO IUBILEUM A.M.D.G. ET B.V.M.”. No pedestal ten unhas figuras de letras e motivos relixiosos tamén polas catro caras. O varal é octogonal e ten dúas figuras; na metade inferior está a figura de San Pedro sentado nun pedestal e na metade superior a de Santiago chegando en barca. O capitel é circular con astrágalo octogonal e ábaco de lados rectos cos vértices achafranados. Na parte circular está adornado con follas e na parte do ábaco unha flor por cada lado. A súa cruz é cadrangular achafranado e con remates florenzados. Polo anverso da cruz está Cristo Crucificado con tres cravos e as mans pechadas. Inclina a cabeza cara adiante lixeiramente ladeada á dereita cunha coroa de espiñas na cabeza e un pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado a dereita co nó case no centro. Polo reverso da cruz fica a Virxe Coroada sobre un pedestal e recollendo coas súas mans o seu manto. O cruceiro é todo de granito cun moi bo estado de conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.316607272818686Lonxitude: -8.341887295246124
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




