Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Oleiros
Parroquia: Iñás (San Xorxe)
Lugar: Iñás
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Igrexa composta dunha soa nave, de planta rectangular e tellado a dúas augas con ábsida cadrada na cabeceira, tamén a dúas augas. Os panos dos muros están recebados e encalados agás os esquinais, vans e a cornixa. Marca o eixo da fachada, unha franxa vertical de cantería, rematada por unha cornixa moi voada como base do campanario de dobre van. De abaixo a arriba, fica a porta principal rectangular e alintelada e encima desta unha xanela semicircular. Máis arriba a cornixa antes mencionada flanqueada por dous acroterios, un a cada lado, que sirve a unha sinxela espadana composto por dous pequenos arcos de medio punto con peralte e que van sobre piares. Coróao un pequeno frontón curvo e oco cun pináculo e encima deste unha cruz de forxa.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/OLEIROS/documents/26746ca502.pdf (p. 7)
-http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/OLEIROS/documents/26746ca501.pdf (páx.6).
-http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/OLEIROS/documents/26746ca502.pdf (páx.7).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3174464143
Lonxitude: -8.31207185984
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84