Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Arteixo
Parroquia: Loureda (Santa María)
Lugar: O Igrexario
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro de tipo De Cruz con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal tamén cuadrangular achafranado. Acaroada aos chanzos disponse unha mesa-altar. No pedestal está a inscrición da data fundacional do cruceiro: 1761. O varal é octogonal empezando e rematando en cadrado. O capitel é cuadrangular e moldurado. A súa cruz é tamén cuadrangular achafranada lixeiramente co remates florenzados con botón central. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ARTEIXO/documents/0048CA002.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.29398902054412
Lonxitude: -8.489280045032501
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84