Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Arteixo
Parroquia: Loureda (Santa María)
Lugar: Monte do Cruceiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro de tipo De Cruz con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal con mediacana. O varal é octogonal empezando e rematando en cadrado. O varal da metade para arriba está en pésimas condicións. O capitel é cuadrangular moldurado, tamén en moi malas condicións. A súa cruz é octogonal con remates florenzados con botón central. Un dos brazos perdeu os seus florenzados. O cruceiro é todo de granito cun estado pésimo de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:

Antes de facela romaría onde está o cruceiro da praza do igrexario, facíase no Monte do Cruceiro.  Alí parece ser que se celebraban algunhas liturxias ata que se construíu un novo cruceiro en 1761,  trasladándose tódalas liturxias para o novo emprazamento. O Monte do Cruceiro segue a pertencer a igrexa.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ARTEIXO/documents/0048CA002.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Este cruceiro está en serio risco de romper e desaparecer. Ademais, ten moitos árbores moi cerca co conseguinte perigo de que lle caian enriba.


Onde está localizado

Latitude: 43.291436424123994
Lonxitude: -8.489660918712616
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84