Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Nigrán
Parroquia: Chandebrito (San Xosé)
Lugar: A Igrexa - O Castro
Outra denominación do ben: Monte dos Cruceiros
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

O cruceiro das Chans é de finais do século XIX. Trátase dunha cruz sinxela que se levanta nunha rocha. No lugar existen catro pedras máis sobre as que se erguían outras tantas cruces.
Ata aquí chegaban as procesións que facían os veciños no século XIX e principios do século XX dende a igrexa parroquial polo antigo camiño do Sobreiro e do Valiño nos meses de marzo ou abril en rogativa para acadar remedio á seca.
Pénsase que a existencia de 5 cruces nese lugar garda relación coa devoción fransciscana das 5 chagas.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:

“Cando o millo non subía porque estaba moi seco, fixeron unha rogativa para ir con San Xosé aos Matos. Cando viñan para arriba, xa se mollaron, xa viu a tronada”
Benedicta Correa, veciña do lugar. 2006

Recolléronse varias tradicións asociadas a este conxunto, onde os veciños rezaban en épocas de seca e enterraban aos nenos nados mortos.


Historia recente do ben:

A finais do mes de novembro de 2020 se recuperan as 4 cruces que faltaban dende fai tempo.


Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/NIGRAN/documents/0844CA001.pdf

REFERENCIA BIBLIOGRÁFICA
SOLIÑO TRONCOSO, Antonio e PÉREZ GONZÁLEZ, María Xosé (2020). Arquitectura de intermediación. Cruceiros e pétos de ánimas. Caderno de Etnografía. Ed: Instituto de Estudos Miñoráns -IEM-.

RECUPERACIÓN DAS CRUCES. NOVEMBRO 2020
https://galego.farodevigo.es/comarcas/2020/11/29/chandebrito-rescata-calvario-s-xix-25713132.amp.html

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.16479312103
Lonxitude: -8.753045797348
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84