Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Arteixo
Parroquia: Loureda (Santa María)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Século XIX,
Descrición:

A pesar de que a súa orixe remóntase ó século XII, a igrexa de Santa María de Loureda foi ampliada nos séculos XVIII e XIX como ben o confirma a fachada neoclásica e unha placa que di que no ano 1829 reedificou a igrexa e fixo unha nova torre.
De planta rectangular e unha soa nave con tellado a dúas augas, conserva no interior un valioso retablo do escultor Xosé Ferreiro. A fachada utiliza un esquema compositivo propio do neoclasicismo potenciando a xeometría da traza, mediante un eixo vertical no que se sitúan a porta de luz vertical e moldurada. Un gran óculo de luz con moldura, arriba da porta, ilumina o interior e máis arriba un frontón triangular. Esta fronte completa a súa decoración mediante acroterios con bóla. O campanario, sobre unha base prismática, ofrece dous corpos. O primeiro con arcos de medio punto sobre machóns e un segundo, cupuliforme coroado cun acroterio con bola e cruz de forxa.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.29358295501024
Lonxitude: -8.488397598266601
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84