
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cervantes
Parroquia: Santa María de Castro
Lugar: Santa María de Castro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Esta igrexa sitúase nun pequeno val da montaña no Oeste da Serra dos Ancares, asentándose nun xacemento castrexo e unha necrópole cristián, localizado nun pequeno saínte de ladeira orixinado polo rio Quindous, afluente do Navia e rico en recursos auríferos.
Esta igrexa tivo a súa última remodelación no ano 1994 e fora catalogada como contemporánea, nembargantes, os datos apuntaban unha cronoloxía anterior, concretamente polo achádego de pinturas murais nunha pequena xanela alancetada situada no testeiro con forma de ceo estrelado en relación co Xuízo Final.
Esta igrexa tivo a súa orixe moi posiblemente no século XIII dado os achádegos atopados na necrópole asociada a igrexa, como unha moeda desa época, aínda que seguro que a orixe é moito máis antiga, ímonos quedar coa evidencia atopada. Ademais nas zona baixas da ábsida e parte do segundo tramo da nave identificáronse restos dunha fábrica con aparello diferente ó resto da igrexa; aínda que tamén estaba feita en mampostería de pizarra, as mampostas eran de maior tamaño e estaba asentada en fiadas bastantes regulares, e a diferencia destas, asentadas en oso. Crese que se trataría dos restos dunha planta anterior sobre a que se construíron a igrexa actual e que posiblemente funcionaría como capela na que tería relación cos procesos de cristianización do castro.
Esta igrexa tivo varias reedificacións, da primeira fábrica ou fundación non apareceu nada, mais no século XVI aparecen referencias documentais do ano 1584 citando ó edificio como “capela”, facendo crer que esta igrexa remontábase a este século.
Santa María do Castro é unha pequena igrexa rural tardogótica, de planta basilical absidiada. Componse de nave única de planta rectangular e ábsida a menor altura ca nave, tamén de planta rectangular e teitado de pizarra a dúas augas. Conta con dous vans de entrada na fachadas Sur e Oeste, ámbolos dous rematados ó exterior por arcos de medio punto doveladas, con derrame ó interior. A do Sur é alintelada e a do Oeste rematado en arco escarzano. Ten cinco xanelas irregulares na súa fachada meridional con doble derrame e rectangulares ó exterior e interior, agás a máis occidental aberta na ábsida que é de medio punto ó interior. Toda a fábrica está feito en aparello de mampostería de laxas de enquisto e recebada e caleada na derradeira remodelación facendo invisibel a fermosura anterior coa pedra a vista.
A fachada é de corte pentagonal rematada cunha espadana de dous corpos. No primeiro, tres vans con dous arcos de medio punto para as campás e no segundo un frontón triangular cun oco rectangular no medio deste, sendo coroado dito frontón por unha cruz de pedra. Antigamente, accedíase por unha escaleira lateral polo lado Sur, a que se lle adousaba un pórtico ou cabildo e que hoxe xa se perdeu a causa da remodelación no século XX. O párroco levou a cabo unhas obras no entorno da igrexa para o acceso directo dende o Oeste mediante unha escaleira, eliminando a estrutura que forma o cabildo e a súa vez as escaleiras que se apoiaban neste.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– BLANCO ROTEA, R:”Análisis de la iglesia parroquial de Santa María de Castro”, Cuaderno de Estudios Gallegos, Tomo LII, Fascículo 118, páx. 9-38, Santiago, 2005.
-LÓPEZ GONZÁLEZ, L.F; ÁLVAREZ GONZÁLEZ, Y; LÓPEZ MARCOS, M.A: “Informe valorativo da actuación arqueolóxica no Castro de Santa María”, 1999. Informe inédito depositado na Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.864743443687715Lonxitude: -7.042311429977417
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84