Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Gondomar
Parroquia: Donas (Santa Baia)
Lugar: San Cibrán
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Capela feita en antarí granítica, dunha soa nave de planta rectangular ecuberta a dúas augas.
A fachada é lisa e remata en volutas estilizadas. Ao centro unha espadana de dobre oco coroada en frontón semicircular con cruz no centro e pináculos no remate.
A porta é sinxela co arco alintelado de tres doelas, enmochetado e derrame nas caras interiores.
Enriba dela un rosetón circular, con seis orificios en forma de aspa, adornado en calado radial.
Nos laterais dous contrafortes que rematan en plano inclinado con cornixa moldurada.
O muro posterior é piñón con capeado.

Esta capela, da que existen referencias bibliográficas do ano 1806, sufríu varias reformas e modificacións. A última delas na década dos noventa do século pasado, que lle deu a súa imaxe actual.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
www.planteamientourbanistico.xunta.es/mapes/GONDOMAR/documents/0788004.pdf (P.9)

BIBLIOGRAFÍA
SOLIÑO TRONCOSO, Antonio (2018). Percorridos polo patrimonio cultural da vila e concello de Gondomar de Miñor. Ed: IEM – Instituto de Estudos Miñoráns
SOLIÑO TRONCOSO, Manuel, MOSQUERA VELEIRO, José Luis, SOLIÑO TRONCOSO, Alfonso e SOLIÑO TRONCOSO, Antonio (1995). Gondomar. Historia, Arte y Territorio. Ed: Ir Indo


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.078178030312
Lonxitude: -8.7926942110062
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84