Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Baixo Miño (comarca) / Tomiño
Parroquia: Pinzás (Santa María)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

A igrexa presenta unha soa nave rectangular e un presbiterio cadrado máis estreito; engadíuselle no lado sur a sancristía. A fachada principal é do século XVIII. Céntrase entre dúas pilastras completas.
A porta é alintelada e moldurada. No lintel ten unha inscrición en dúas liñas. Na parte superior, con dificultades para interpretar, pon o nome de quen a mandou facer. Na parte inferior lese: “ABAD DE NTRA SRA DE LOS DESAMPARADOS DE ESA FORTALEZA”. Nas esquinas superiores ten unha labra de adorno na pedra de cintas e folla, e no centro enriba do lintel unha flor de cinco pétalos con botón.
Mesmo enriba o escudo do señorío. Unha fornela de arco de medio punto moi moldurada acolle a imaxe pétrea da Virxe policromada sobre unha cabeza de anxo. Na parte interior fai de ventá para entrada de luz natural á tribuna.
A fachada remátase cunha cornixa ascendente ata a base da espadana, e nas esquinas ten pináculos prismáticos con bola. No lado sur vese a escada que ascende ata ela. Esa mesma cornixa repítese na base da espadana de dous ocos con arco de medio punto. Os machóns adórnanse pola parte externa cunhas volutas que ascenden desde a parte inferior ata rematar en rolos na parte superior, mesmo xunto á cornixa de separación do remate. Éste é un pequeno corpo lobulado con molduras e oco central que serve de base a unha cruz pétrea. Nas esquinas hai pináculos semellantes aos anteriores. O tellado é a dúas augas.
No interior, a nave sepárase da capela maior por medio dun arco triunfal de medio punto apoiado en pilastras. As paredes están recubertas de pedra serrada ata o comezo da bóveda que é curva. De ladrillo enfuscada e pintada en blanco. O retablo ocupa completamente o paramento. É de finais do XVIII ou comezos do XIX, pero modificado. Na parte central, aos lados do altar, dous pedestais adiantados para soster sendas columnas estriadas de capitel composto. Entre elas, a gran fornela central, de arco de medio punto enmarcada e cuns pequenos acodos, divídese para dar lugar a un a modo de predela co Sagrario centrado por dúas pequenas pilastras e unha cornixa de separación. Encima, unha peaña sostén un Cristo morto. A fornela supera na altura ás columnas, e sen entablamento, preséntase a gloria de
Deus. Remátase cun adorno de follas. Enriba do entablamento das columnas hai xarróns. O que serían as rúas laterais parten directamente sen banco. Cérranse con pilastras adaptadas ás paredes laterais. En cada unha delas márcase unha caixa e sobre peaña están as imaxes do Sagrado Corazón e de S. Xosé. Enriba da caixa remátase con adorno de cintas. As rúas laterais están pintadas uniformemente en marmoleado, sen separación algunha, dando a sensación de ser un fondo onde está o retablo que sería soamente a súa central.
A Patroa é a Virxe dos Desamparados como consta no lintel da porta principal.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

Conserva unha imaxe de Sto. Antonio de Padua de arte popular, e un peto de Ánimas.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/TOMINO/documents/23016CA001.pdf (P. 9)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.05471109450301
Lonxitude: -8.781895637512207
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84