Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Cervantes
Parroquia: San Xusto de Quindous
Lugar: Quindous
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Situado nunha zona amparado das inclemencias meteorolóxicas propias destas terras, aséntase sobre un desnivel moi acusado, chegando a medir catro metros polo Leste e uns nove polo Oeste. Nas esquinas da fachada hai dúas torres cilíndricas que flanquean o corpo central duns vinte metros de longo onde fica a porta de entrada cun lintel dovelado liso, enmarcado con perpiaños de granito. Os torreóns que a flanquean teñen seteiras cunha ampla caída interna, dispostas para a defensa da porta da entrada á fortaleza. Teñen dous andares con cadansúa xanela. Os muros están feitos de cachotes pizarrosos desiguais e todo o conxunto atópase con cuberta de pizarra a dúas augas agás nas torres cilíndricas, que adoptan forma de cono. No corpo central hai unha pedra armeira que ten unha inscrición debaixo que di:”SOI LA CASSA DE QVINDOS FONDADA E NESTA MONTAÑA”.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA27012084
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-BOGA MOSCOSO, R.: “Guía dos castelos medievais de Galicia”. Ediciós Xerais, Xullo do 2003.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8649714942
Lonxitude: -6.99172496796
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84