
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Tui
Parroquia: Randufe (Santa María da Guía)
Lugar: A Guía - Cotarel.
Outra denominación do ben: Castro da Guía.
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Nun outeiro á beira do val do regato San Martiño atópase este castro, estudiado por Álvarez Blázquez en 1935 e por Filgueira Valverde en 1956. Segundo Álvarez Blázquez, o castro presenta un diámetro na súa parte maior de 120 metros. Nos anos 60 do S. XX Jesús Gómez Sobrino levou a cabo unha escavación. Nel atopáronse útiles de épocas anteriores como machadas paleolíticas, ademáis de cerámica ou de seren localizados os alicerces de vivendas circulares.
Na atualidade a parte coroada está ocupada polo cemiterio parroquial e o resto do outeiro cuberto de arboreda.
Fotogrametría:
Propiedade: ComunalPrivada
Uso actual: ForestalEquipamento
Código no Catálogo da Xunta: GA36055019. CT103-ARQUEO/29
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
AA.VV. “Evocación histórica de la ciudad de Tui y sus antiguas rúas”. Tui, 1997. (p. 18)
GONZÁLEZ SOUTELO, S. “O Tui antigo: unha aproximación histórica-arqueolóxica”. Ed. Toxosoutos, 2007. (p. 68)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/TUI/documents/27513CA101.pdf (p. 29)
http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009022200_3_299402__Ordena-medidas-para-proteger-castro-Cotarel
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Ademáis da construción dun cemiterio sobre o castro, tamén hai que ter en conta que a principios dos anos 90 trazouse á súa beira autovía Tui-Vigo e na atualidade nas súas proximidades estanse realizando as obras de construcción da V.A.C. Tui- A Guarda.
Onde está localizado
Latitude: 42.04363588796629Lonxitude: -8.660402297973633
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84