
Outra fotografía:

Tipo de ben: Ponte,
Concello: Baiona / Nigrán
Parroquia: A Ramallosa (S. Pedro)/Sabarís (Sta. Cristina)
Lugar: A Ramallosa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
A ponte da Ramallosa é unha construción románica sobre o río Miñor que une as parroquias da Ramallosa (Nigrán) e Sabarís (Baiona).
Construída durante o século XIII, é moi probable que sustituise a outra ponte de orixe romana xa que se atopa no trazado da vía romana XX (per locca maritima) do Itinerario de Antonino. Trátase a hipótese de que o seu promotor fose o frade dominico Pedro González Telmo (San Telmo).
A ponte, de 36 m, ten 10 arcos, algúns levemente apuntados e outros de medio punto, con luces de entre 3 e 5,5 m. Os piares teñen un espesor bastante uniforme, próximos aos 5 m e están provistos de tallamares situados a ambos os dous lados. Estes preséntanse apuntados e de planta triangular, formando uns apartadoiros ao nivel da calzada. Ten un perfil lixeiramente alombado cunha suave pendente. A calzada está pavimentada con lousas irregulares de pedra. A anchura entre os peitorís varía entre 3,17 e 3,37 m. O peitoril actual é baixo, formado por una sola fiada de cachotes.
No medio da ponte érguese un pequeno altar cun cruceiro cunha imaxe de San Telmo e unha escena dunhas ánimas queimándose no purgatorio.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
A ponte está vinculada á celebración de ritos relacionados coa fertilidade. Segundo a tradición, a muller infértil debía esperar ao primeiro home que cruzase a ponte durante a noite. Este, entón debía verter sobre o ventre da muller auga do río e converterse no padriño do futuro fillo.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BAIONA/documents/0712CA001.pdf
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/NIGRAN/documents/0844CA001.pdf
(pax. 165)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.1155108253Lonxitude: -8.81260156631
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
Oscar Franco says:
Xan 17, 2016
Na prensa escrita do 17 de xaneiro de 2016 recóllese a triste nova do acto vandálico sobre o cruceiro de ánimas situado nesta ponte:
http://www.farodevigo.es/comarcas/2016/01/17/desmiembran-emblematico-cruceiro-puente-romanico/1386864.html
Oscar Franco says:
Out 16, 2016
O cruceiro volve sufrir unha lesión. A nova aparece na prensa escrita do 15 de outubro de 2016:
http://www.farodevigo.es/comarcas/2016/10/15/cruceiro-ramallosa-queda-estaca-caer/1551328.html
Oscar Franco says:
Xan 17, 2017
Novo “ataque” ao cruceiro de ánimas.
http://www.farodevigo.es/comarcas/2017/01/17/nuevo-ataque-cruceiro-ramallosa-pintadas/1605942.html