Outra fotografía:

Tipo de ben: Ponte,
Concello: Tui
Parroquia: Rebordáns (S. Bartolomeu) / Guillarei (S. Mamede)
Lugar: A Veiga
Outra denominación do ben: Ponte Romana
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Coñecida popularmente como “Ponte Romana”, en realidade trátase dunha ponte medieval que posiblemente sustituiu a unha construción romana que salvaba o río Louro e formaba parte das infraestruturas da vía XIX do Itinerario de Antonino que unía Brácara con Iria. Na atualidade segue servindo de paso no camiño portugués a Santiago de Compostela.

A ponte levántase nunha terraza fluvial, a veiga do Louro, a escasos metros da desembocadura do río Louro no Miño. A construción está realizada a base de perpiaño de granito cun paramento bastante desorganizado na zona superior; presenta basamentos con dous tallamares, un deles en cuña bastante acentuada e un pretil a base de laxes dispostas verticalmente sobre unha liña de bocel corrido que marca a división da vía da do resto do corpo. Na construción ábrense catro arcos, un de medio punto e os restantes apuntados con luces de 5,20 m, 8,00 m, 7,50 m e 2,50 m respectivamente que ademáis posúen signos lapidarios. A súa rasante alombada, perfil sinuoso e tosquedade do paramento ou alternancia de formas e tamaños dos arcos apórtanlle unha imaxe singular moi medieval.

Á marxe das súas características arquitectónicas, a ponte presenta outros intereses como os elementos arqueolóxicos achados nas súas inmediacións: miliario a Tiberio Claudio (perdido), cipo romano (posible soporte do miliario anterior), tégulas ou pezas líticas achadas no río baixo a arcada central.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta: CT/03-ARQ/42
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/TUI/documents/27513CA103.pdf (p. 42)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/TUI/documents/27513CA101.pdf (p. 31)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.05651023984552
Lonxitude: -8.634352684020996
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84