Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe histórica/cultural, Paisaxe natural,
Concello: Ancares (comarca)
Parroquia: Varias
Lugar: Os Ancares
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Os Ancares son o arquetipo de montaña Galega e unha das áreas menos deterioradas do noso territorio. Nela refúxianse excepcionais ecosistemas e valores culturais ancorados no pasado. Componse dun área de media e alta montaña, no extremo occidental da cordilleira Cantábrica que Galicia comparte coa Comunidade Autónoma de Castela e León (provincia de León, e o Principado de Asturias (Ibias). Está drenada pola conca do río Navia, con múltiples afluentes (Rao, Ser, Cervantes) e subafluentes (Murias, Xunquiñas, Piornedo, Ortigal, Vara, Brego, Noceda), que discorren de leste a oeste. O rango altitudinal vai dos 460 aos 1.935 m sobre o nivel do mar, cunha boa parte do cordal sudoriental arredor ou por encima dos 1.800 m sobre o nivel do mar (Mostallar, Corno Maldito, Tres Bispos, e Penarrubia. Os concellos que conforman Os Ancares galegos son Becerreá, As Nogais, Baralla, Cervantes, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro.
Pertence á rexión eurosiberiana, provincia atlántica-europea, subprovincia orocantábrica e sector laciano-ancarense.
Nos Ancares hai importantes masas forestais de carballo e bidueiro, acompañados de abeleiras,capudres, acivros, pradairos e teixos. A partir dos 1.700-1.800 m desaparece a vexetación arbórea, que é substituída por formacións de uceira branca, piornos, toxos e cimbros rastreiros, xuntamente con diferentes pasteiros asociados a solos esqueléticos e pedreiras. En vales de orixe glaciar desenvólvese unha vexetación propia de zonas higroturbosas. Esta vexetación arbórea é particularmente diversa, e varía segundo a orientación dos montes e a altitude. Asociados á presenza de aldeas e aos cursos de auga, nos fondos de vales e ladeiras baixas hai soutos de castaños e bosques de abeleiras . A maior altura (ata uns 1.000 m de altitude) e en forte pendente, predominan as carballeiras de cerquiño nas vertentes de solaina, alternando con uceiras de Erica arborea. Entre os 1.000 e os 1.800 m encóntranse os bosques de acivros , algúns moi extensos, e os ameneirais, acompañados de capudres e teixos. Na parte setentrional do espazo natural (Murias-Rao), a pequena influencia mediterránea faise notar na presenza de sobreiras e érbedos. En conxunto, a masa arbórea autóctona é posiblemente a máis extensa e mellor conservada de Galicia, coas súas mellores representacións nos vales dos ríos Ortigal, Vara e Brego. Tamén existen algunhas plantacións forestais de piñeiros.
Ademais da gran cantidade de fauna como xabaríns, corzos, raposos, esquíos, lontras, coellos, lebres, teixóns, martas, lobos, gaviláns, curuxas, bufos, aguias ocasionalmente pódese ver o oso pardo, case en extinción, e podería quedar algún exemplar illado da pita do monte, aínda que se da por desaparecida.
Non se pode falar dos Ancares sen falar das pallozas, porque é imposible imaxinar os Ancares sen estas construcións. Máis que unha tipologxía constructiva, son unha forma de vida e de supervivencia endémica. A palloza é un todo; onde persoas, animais, alimentos e cousas, conviven baixo o mesmo teito. Permitindo nos duros, escuros e longos invernos, sobrevivir sen saír da mesma, a nevadas de días, semanas ou meses. Podemos ver bos exemplos destas construcións na aldea de Piornedo no concello de Cervantes, e na zona do Bierzo en Campo da Agua e Suarbol, donde no centro do Pobo, podemos ver os restos dunha das palloza máis grandes que existiron na comarca. En Balouta no ano 1975, practicamente todo o pobo estaba edificado a base destas construcións. Hoxe aínda queda un bo conxunto delas polo medio da aldea.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Vélez Barrio, Enrique. Pereiro, Mª Carme. As montañas de Galicia. Ed. Xerais. (Roteiros). ISBN 84-7507-763-5

http://www.medioruralemar.xunta.es/areas/conservacion/espazos_protexidos/rede_galega/zepvn/ancares/

http://www.adelaleiro.com/descargas.aspx
(ver ou descargar na páxina anterioren Espazos Naturais: Os Ancares LIC “Os Ancares-O Courel” ,comarca dos Ancares: valores naturais)
Declaración de “paraxe pintoresco”en zona dos Ancares en Vilarello de Donis, Piornedo e Suarbol (Cervantes) en http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1971-46398
e despois recollido na lista de Bisc de Galicia.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.83846481296399
Lonxitude: -6.892890930175781
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84