
Outra fotografía:
Tipo de ben: Vivenda singular, Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: Ancares (comarca) / Cervantes
Parroquia: Donís (San Fiz)
Lugar: Piornedo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Pequeno museo, de titularidade privada, localizado no lugar de Piornedo de Ancares, a 1200 m. de altitude e no que se pretende amosar a forma de vida e as vivendas tradicionais da zona: as pallozas.
No museo existen distintas ferramentas e aparellos que foron usados pola familia, pero o máis importante é o propio edificio, unha palloza, que foi a vivenda habitual dos propietarios ata o ano 1.970. As pallozas son construccións circulares de pedra, con cuberta cónica de palla de centeo, teñen orixes prerronanas (pola forma e materiais, similares ós utilizados fai mais de 20 séculos), adaptanse ás necesidades dos habitantes e ó medio dunha forma totalmente harmónica, manteñen unha temperatura interior constante e estan distribuidas en función das necesidades.
No ano 2007 a palloza-museo Casa do Sesto obtivo o recoñecemento da Xunta de Galicia como colección visitable, de contido etnográfico, ao amparo do disposto na Lei 8/95 do patrimonio cultural de Galicia, avalada polo Consello da Cultura Galega e polo museo do Castro de Viladonga. Na actualidade Fuco e Isolina, os seus propietarios, atenden aos visitantes e explican con todo detalle a vida que se levou na palloza ata fai poucos anos así como as labores de conservación que levan a cabo.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.pallozamuseocasadosesto.com/
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.85577803200318Lonxitude: -6.875574588775635
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




