Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Betanzos
Parroquia: San Pedro de Viñas
Lugar: As Angustias
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A construción desta igrexa é do século XVIII, e foi levantada sobre un antigo santuario. A súa estructura arquitectónica é dunha planta en cruz latina, con cruceiro rematado por unha cúpula. Ó muro do presbiterio engadíuselle un corpo cadrado que fai as veces de sacristía. Ós pés da nave sitúase un coro alto, que ten o seu acceso a través dunha escaleira encaixada no muro. A totalidade do edificio posúe pavimento de pedra.
A distribución dos espazos interiores parte do cruceiro, rematado en cúpula. Catro arcos de medio punto dan paso, alternativamente, ás capelas laterais, o presbiterio e a nave, que presentan estructuras aéreas abovedadas. En canto á ornamentación, presenta gran sobriedade, podendo destacarse tan só o retablo do altar maior, que representa unha iconografía relacionada co Descendemento.
A ornamentación exterior concéntrase na fachada principal, que aparece dividida en dous corpos. O primeiro deles -rectangular e rematado por unha cornixa- está, a súa vez, dividido en tres espazos; nos dous laterais, máis pequenos, tan só aparecen cadanseus ocos rectangulares, con sinxela decoración en resalte. No espazo central sitúase a porta principal, con orelleiras, e sobre ela unha fornela profusamente decorada que acolle á imaxe pétrea da Piedade. A continuación, e seguindo o xogo simétrico, dúas xanelas rectangulares dan paso a un oco circular que pecha, mediante unha cornixa, este espazo central.
O segundo corpo da fachada está formado pola torre campanario situada no lateral esquerdo e un corpo central, de carácter ornamental, con sinxela decoración de aplacados na súa base e un frontón curvo no seu remate. O campanario, de planta cadrada, está composto por catro machóns que sosteñen un tambor cilíndrico rematado en cúpula. A ausencia dunha segunda torre explícase de xeitos moi diferentes, que vai dende que a morte do fillo do canteiro impediulle a este continua-la obra, ata que o betanceiro financiador da mesma morreu sen poder completala. Este santuario das Angustias é un fermoso exemplo do barroco galego. Nel mestúrase a sobriedade e un profuso xogo de elementos xeométricos, xunto coa busca da alternancia do van e o macizo, co fin de producir efectos de luz e sombra.
Actualmente atópase en obras de restauración no interior do templo polo que non se pode visita-lo interior ata o remate destas.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Di a lenda que se construíu unha capela no lugar onde apareceu unha imaxe da Virxe.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– SORALUCE BLOND, J.R., FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Abegondo, Betanzos, Irixoa, Miño, Paderne e Vilarmaior”. Vol. VII, Deputación Provincial da Coruña, 1997.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.2871050623Lonxitude: -8.22566449642
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Pancho - Lapatianco says:
Set 5, 2017
Un enlace a un artigo no blog Arqueotoponímia sobre a orixe máis probable do topónimo “A Angustia” e “Infesta”: http://arqueotoponimia.blogspot.com.es/2016/02/infesta-y-angustia-dos-toponimos.html