Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Oleiros
Parroquia: San Martiño de Dorneda
Lugar: Xaz - Abeleiras de Abaixo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Pazo de tipoloxía de nova planta, do s. XVIII. Un dos máis importantes da comarca.
De planta rectangular, con galerias laterais, a estructura se axeitaba ós usos agrícolas tradicionais, estando as cortes e cociña na planta baixa e a parte noble no andar superior, ó que se accede polo interior por escaleira de madeira, e tamén directamente dende o exterior por unha escaleira noble de canteiría en granito. Escudo nobiliario de granito descentrado á parte dereita da fachada principal. Eira con varios alpendres arredor, un dos horreos máis longos da contorna, pozo e capela desacralizada e valeira.
Ten unha zona axardinada con camiños beireados de buxo ornamental.
Parte das súas lindes testan cos parapetos exteriores do Castro de Xaz, tamén incluido na catalogación deste portal Patrimonio Galego
Ollo non confundir este pazo ca Casa Grande de Xaz (incluso o catálogo do PXOM local os confunde).


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

Carros e aparellos dos antigos traballos de labranza.


Tradición oral:

Foi berce natal dun dos ilustrados e liberais galegos máis esquecidos: Manuel Pardo de Andrade, precursor do Rexurdimento, con textos escritos en galego a finais do s.XVIII e nas primeiras décadas do s.XIX. Tivo que fuxir por liberal. E os señores da casa tiveron moito que ver ca primeira fábrica de louza fina de Galicia (anterior a Sargadelos) a finais do s. XVIII, localizada neste mesmo lugar de Oleiros.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-Sobre o edificio e a súa liñaxe:
“Torres, pazos y linajes de la provincia de La Coruña”, de Carlos Martínez Barbeito, Deputación da Coruña, 1978. Pax. 411 – ISBN: 84-400-9700-X

-Sobre a figura de Manuel Pardo de Andrade:

http://gl.wikipedia.org/wiki/Manuel_Pardo_de_Andrade

http://consellodacultura.org/mediateca/extras/papes_demprenta.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Edificio rehabilitado,para uso residencial actual, inda que na rehabilitación perdera elementos tradicionais como as portas de madeiras de dobre folla, etc.
Nos arredores se situará un futuro campo de golf que modificará o entorno.


Onde está localizado

Latitude: 43.3524263481755
Lonxitude: -8.322551250457764
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84