
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Mesía
Parroquia: San Cristovo de Mesía
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A igrexa presenta planta de cruz grega con volumes engadidos laterais e posterior. Deste xeito prodúcese unha multiplicación de espazos que ten como resultado no exterior un marcado xogo de volumes cúbicos dispostos a diversas alturas, feito que concede un gran dinamismo ó conxunto. No interior, as paredes tamén están recebadas e arredor dos vans a cantería disponse cun encintado de cor branca. O cruceiro, que está separado do resto da igrexa por medio de arcos de medio punto lixeiramente peraltados, é o corpo que maior altura alcanza. O altar maior está sobreelevado con respecto á nave, e alberga un retablo de madeira composto por elementos clásicos, presidido pola imaxe de san Cristovo. O esquema compositivo da fachada principal é o característico de moitas igrexas do barroco rural, no que a porta, unha fiestra, neste caso carentes de decoración, e a espadana de dous corpos, no primeiro onde están as campás, de doble arco de medio punto sobre machóns e no segundo corpo, un frontón oco triangular redondeado coroado por unha cruz de pedra. Esta espadana que trunca a cornixa, dispóñense lonxitudinalmente nun imaxinario eixo central. Os escasos ornamentos da edificación, concéntranse aquí, como os acroterios que rematan os estremos da fachada ou os pináculos da espadana.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo”. Vol.XV, Deputación Provincial da Coruña, 1997.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.1135232903Lonxitude: -8.27324688435
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84