Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Mesía
Parroquia: San Cristovo de Mesía
Lugar: Adro do cementerio
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XXI,
Descrición:

Cruceiro de tipo De Crucifixo con base cadrangular de tres chanzos e pedestal cúbico achafranado. O varal é cadrangular achafranado no que leva un capitel cadrangular moldurado con astrágalo cadrangular e ábaco de lados rectos. A súa cruz rectangular cos brazos achafranados leva no seu anverso a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans pechadas. Inclina a cabeza cara adiante lixeiramente ladeada á dereita cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica sobre un pedestal San Cristovo cun neno sobre o ombreiro esquerdo e un caxato na man dereita. O cruceiro é todo de granito cun moi bo estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.11406761607682
Lonxitude: -8.273300528526306
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84