Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: A Baña
Parroquia: Lañas (Santa Baia)
Lugar: Vilar da Torre
Outra denominación do ben: Os castros
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O castro atópase no lugar de Vilar da Torre e está integrado no seu núcleo construído. Aproveita unha pequena elevación no terreo, pero que é case inapreciable pola banda oeste. Ten algunha edificación na súa croa e somentes se fan evidentes os grandes muros da cara nordeste. Pódese apreciar tamén por ese lugar unha parte chan pegada ao primeiro destes muros, e de forma concéntrica, que puidera ser un antecastro duns 20 metros de ancho e que tamén está defendido por un parapeto. A croa principal de forma ovalada ten uns 95 m. no seu lado máis longo e uns 75 na menor. Está moi intervido polas distintas etapas e usos que foi tendo o entorno e a croa. Só conserva unha certa morfoloxía castrexa e a través de fotografía aérea mostra máis claramente as liñas sobresaíntes da súas estruturas defensiva.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: AgrícolaOutros
Código no Catálogo da Xunta: GA15007014
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ABANA/documents/0054CA003.pdf (1 de 4)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ABANA/documents/0054CA009.pdf ( en pax. 4 de 10, plano do castro)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ABANA/documents/0054CA002.jpg (plano de situación, en Vilar da Torre)
Mapa de pendentes Lidar 2010 (tercio inferior, centro,en Vilar da Torre) http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/PENDENTES/Pendentes_0094A-0403.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.94366774732946
Lonxitude: -8.711771965026855
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84