Outra fotografía:
Tipo de ben: Ponte,
Concello: Ames / Negreira
Parroquia: Agrón (San Lourenzo) Portor (Santa María)
Lugar: Ponte Maceira
Outra denominación do ben: A Ponte Vella
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Ponte formada cun tramo principal de cinco arcos feitos de sillería granítica e construído, segundo algúns autores, aproveitando os piares dunha ponte de época romana. Catro arcos son de medio punto e o central, de maior altura e con máis tramo de luz, é de forma oxival. Posúe un tramo de acceso no que se abren dúas arcadas de vertedoiro e protexe a súa estrutura da corrente con catro grandes rompeaugas a base de fieiras de sillería de forma escalonada. A calzada, con peralte ata o centro do arco central, mide uns 100 m. de lonxitude. Os pretís de mampostería e rematados con perpiaños, teñen dous pequenos lenzos de muros máis elevados no seu centro.
Foi construído no século XIV por petición da Mitra Compostelá e reformado no XVIII. Durante o medievo permitía cruzar o Tambre dende Santiago cara ás terras noroccidentais de Galicia.
Este lugar foi un dos escenarios da chamada Batalla de Altamira en 1471, entre o señorío arcebispal de Fonseca II que gobernaba dende Rocha Forte (Santiago) e a liñaxe dos Moscoso que exercían o seu poder dende as Torres de Altamira (Brión) para facerse co control das terras da Amaía. As tropas eclesiáticas acabaron derrotadas.
Neste enclave, segundo conta a Historia Compostelana, librouse tamén unha batalla entre
o arcebispo Xelmírez e Pedro Froilaz, o conde de Traba. Esta ponte era o límite dos seus respectivos señoríos.
No lugar Ponte Maceira atópase un conxunto monumental ben conservado, constituído por un poboado da época medieval, un antigo muíño, unha presa, a capela de San Brais do século XVIII e o pazo de Baladrón, construído nos anos 50. Esta ponte é paso obligado da ruta Xacobea cara a Fisterra.
Nun outeiro situado a 300 metros ao suroeste da ponte, está o castro de Piñor.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
“Contan que a ponte se derrubou cando os soldados romanos perseguían os discípulos de Santiago, que pediran un lugar digno para enterrar o seu mestre, entón as augas abríronse para facilitar a fuxida dos que se consideraban elixidos de Deus e logo arrastraron os romanos río abaixo “.
Da páxina do concello de Ames:
http://www.concellodeames.gal/areas_turismo_e_patrimonio_arquitectura_civil.php
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Referencias históricas de Ponte Maceira en:
Vilar Álvarez, Manuel. El Camino al fin de la tierra. 2010.
ED. Asociación Cámaras Oficiales de Comercio, Industria y Navegación
de los Caminos Jacobeos
web:
http://www.camaracompostela.com/caminos/pi2009.pdf
(pax. 33-39 do pdf)
Un plano da Ponte Maceira en :
“Ciudad e historia: la temporalidad de un espacio construido y vivido”.
José Antonio Fernández de Rota y Monter. Universidad Internacional de Andalucía/ AKAL. Ano 2008 . Pax 126.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.9053310218Lonxitude: -8.69503498077
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
4 comentarios
adela suma says:
Xul 28, 2011
A ficha da Ponte Maceira no PXOM de Ames do ano 2002, ficha OC-01:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/AMES/documents/0023CA016.pdf
pax. 5 do pdf.
Núcleo rural de Ponte Maceira
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/AMES/documents/0023CA021.PDF
pax. 7 do pdf.
elixiovieites says:
Mar 8, 2017
http://historiadegalicia.gal/2017/03/ponte-maceira-historica-ponte-que-viviu-batallas-medievais-na-procura-bic/
elixiovieites says:
Abr 4, 2017
O traballo de Manuel Vilar Álvarez. “El camiño al fin de la tierra”
con referencias a Ponte Maceira en:
http://www.camaracompostela.com/caminos/pi2009.pdf
(pax. 33-39 do pdf)
Un plano de Ponte Maceira na pax. 126 do libro:
Ciudad e historia: la temporalidad de un espacio construido y vivido.
José Antonio Fernández de Rota y Monter. Universidad internacional de Andalucía/ AKAL.(2008)
Oscar Franco says:
Mai 27, 2020
A Xunta inicia o procedemento para declarar BIC a ponte de Ponte Maceira. Así aparece na prensa edxital do 25 de maio de 2020:
http://culturagalega.gal/noticia.php?id=31152