
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Ancares (comarca) / Baralla
Parroquia: Lebruxo
Lugar: Lebruxo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
O castro levántase sobre un outeiro situado a uns 630 metros de altitude sobre o nivel do mar. A igrexa parroquial e o cemiterio construíronse no interior do asentamento.
Practicamente circular, ten unhas medidas aproximadas de 270 metros de diámetro. Polo sur, a parte máis vulnerable, presenta unha muralla, duns 85 metros de longo, feita de terra e cascallos que polo exterior acada nalgúns tramos unha altura duns catro metros. O resto do recinto está protexido por fortes pendentes. Polo N-L obsérvase un pequeno antecastro defendido por unha muralla de lousa. O acceso actual ao castro, aínda que alterado, debe coincidir co primitivo. Aínda que a simple vista non se observan restos de construcións habitacionais. si se poden ver anacos de lousas e cuarzos pola superficie.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://arqueoancares.blogspot.com.es/2011/01/mamoas-e-castros-do-concello-de-baralla.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.88212791279893Lonxitude: -7.311916351318359
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
Se estiveches nel, valora o estado deste Ben Cultural (é importante):






1 comentario
elixiovieites says:
Xan 15, 2013
O castro de Lebruxo nas normas subsidiarias e Inventario da provincia de Lugo, concello Baralla. (dog 12 de xullo do 1991)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/LUGPA002.pdf ( pax, 4 de 9 )