
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Ancares (comarca) / Baralla
Parroquia: Pousada
Lugar: Pousada
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Atópase ao sur da igrexa parroquial de Pousada, a uns 350 metros de distancia en liña recta. A impenetrable matogueira fai moi difícil apreciar o interior do recinto, arrodeado por unha muralla pétrea que nalgúns tramos acada os catro metros de altura. Apareceron restos de pavimentos, pedras labradas e muíños de man. Segundo me contaron, os mouros agochaban nunha cova que hai no castro un pote de ouro. Outra lenda asegura que un can que entrou nela apareceu logo no castro de Ferreiros, a case tres quilómetros de distancia.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://arqueoancares.blogspot.com.es/2011/01/mamoas-e-castros-do-concello-de-baralla.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.87884167213878Lonxitude: -7.270030975341797
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
Se estiveches nel, valora o estado deste Ben Cultural (é importante):





