
Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Ancares (comarca) / Baralla
Parroquia: Pousada
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
A igrexa parroquial e o cemiterio érguense sobre o castro. Do primitivo templo non quedan restos, o actual é posterior.
Situado sobre un pequeno outeiro, presenta forma elíptica, cunhas medidas aproximadas no eixo N-S de 115 metros, e no eixo L-O de 70 metros. Está arrodeado en case todo o seu perímetro por un suave terraplén. A entrada actual, que sobe cara a igrexa e o cemiterio, cara o sur, é posible que coincida coa primitiva. Polo norte lámbeo o regueiro da Forxa que desemboca no río Neira. O resto do asentamento, agás o lugar ocupado polas construcións anteditas, está adicado a pasto para o gando. O castro, romanizado, flanqueábao a Vía XIX que comunicaba Braga con Astorga (Itera Bracara Asturicam), asociada á explotación mineira. F. Arias sitúa aquí a mansión romana Timalinus.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://arqueoancares.blogspot.com.es/2011/01/mamoas-e-castros-do-concello-de-baralla.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.88296909937642Lonxitude: -7.271597385406494
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
Se estiveches nel, valora o estado deste Ben Cultural (é importante):






1 comentario
elixiovieites says:
Xan 15, 2013
O Castro de Pousada nas normas subsidiarias e Inventario da provincia de Lugo, concello Baralla. (dog 12 de xullo do 1991)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/LUGPA002.pdf ( pax, 4 de 9 )