Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Ancares (comarca) / Baralla
Parroquia: Sixirei
Lugar: Sixirei
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

A 784 metros de altitude sobre o nivel do mar. Para acceder ao castro pódese coller o camiño situado á dereita da igrexa parroquial.
O asentamento, dende o que se domina unha ampla panorámica, ocupaba toda a parte alta do outeiro. A explotación agrícola e gandeira destruíu boa parte das súas estruturas o que non impide comprobar que estaba arrodeado en todo o seu perímetro por unha muralla da que aínda se poden ver varios tramos, algúns de pedra e con máis dun metro de altura. Pola cara oeste, a máis vulnerable, tiña unha dobre muralla. Unha canteira estragou a cara oeste do monte onde se ergue o castro. Xunto o parapeito atopei un fragmento cerámico correspondente a un recipiente.
Unha veciña de Vilameixe contoume a lenda dun home que, ao arar a terra, atopou unha ola moi pesada e, para ver o que contiña, baleirouna, vendo como o po, empuxado polo vento, se esparexía polo lugar. Mais, de súpeto, os raios do sol pousáronse sobre a leira e o home viu como a terra refulxía. Foi entón cando se decatou de que o po da ola era ouro.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://arqueoancares.blogspot.com.es/2011/01/mamoas-e-castros-do-concello-de-baralla.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.86185735236459
Lonxitude: -7.226922512054443
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84