
Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Ancares (comarca) / Baralla
Parroquia: Vale (San Xurxo)
Lugar: Vilameixe
Outra denominación do ben: Os Castros
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
O Castro de Vilameixe sitúase a 605 metros de altitude sobre o nivel do mar, próximo ao regueiro da Pena. De forma ovoidal, tiña unhas medidas aproximadas de 200 metros na parte máis longa e de 125 na menor. Na actualidade está dividido en varias leiras, dedicadas ao cultivo, e semicircundado por dous camiños que o alteraron considerablemente. O único elemento construtivo é unha muralla de terra e pedras de lousa polo norte, cunha altura pola parte exterior que nalgúns tramos acada os catro metros. O recinto está ateigado de pedras de lousa, algunhas de bo tamaño.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta: GA 27 036 052
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Unha moza de Vilameixe amosoume un croio que atopou no castro e que semella foi utilizado para machucar o gran. O seu pai contoume a lenda de que no lugar apareceu unha ola con po de ouro.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://arqueoancares.blogspot.com.es/2011/01/mamoas-e-castros-do-concello-de-baralla.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8555971375Lonxitude: -7.25822925568
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
Se estiveches nel, valora o estado deste Ben Cultural (é importante):






1 comentario
Xabier Moure says:
Abr 20, 2015
O día 20 de abril de 2015, dende o Servizo do Patrimonio da Xunta de Galicia en Lugo comunicáronme que o incluíran no inventario de xacementos arqueolóxicos coa clave GA 27 036 052, xa que non estaba inventariado, tendo coñecemento do mesmo por un meu blogue. Tamén llo comunicaron ao Concello de Baralla para que o inclúa no PXOM.