Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Ancares (comarca) / Becerreá
Parroquia: Guilfrei (Santa Eulalia)
Lugar: Guilfrei
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

A 855 metros de altitude sobre o nivel do mar, sobre a igrexa parroquial e a poboación de Guilfrei.
A pesares da mesta matogueira e as árbores semella unha forma tendente ao óvalo, defendido por unha muralla con pedras de bo tamaño e terrapléns que nalgún tramo acadan os seis metros de altura. Polo SO semella desenvolverse un antecastro protexido por terrapléns. Alterado polas labores agrícolas e por varios camiños.
Uns veciños contáronme que, segundo a tradición, na croa había unha capela, disque anterior á igrexa parroquial, da que non quedan restos; mala inexistencia de vestixios, o certo é que no lugar érguese unha enferruxada cruz que puido pertencer á ermida ou que fora colocada para cristianizar o castro.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

Andrés M. Teira Brión en “Os traballos agrarios e as ferramentas empregadas na Cultura Castrexa” (Gallaecia, 2003) di que Taboada Chivite faise eco dunha rella (peza que ten o arado na parte dianteira e que vai abrindo os sucos na terra) atopada no castro e publicada por Walter Eleling en “Die landwirtschftlichen Geräte in Osten, Provinz Lugo (Spanien)”, onde dá unha descrición dunha rama acodada, esteva e ferro de reforzo na punta. Mais esta información hai que tomala con cautela xa que a información referida por Taboada é confusa polo que non se pode saber como sería a suposta rella, de realmente selo. Ferreira da Silva (1986), ao ver unha lámina na que aparece unha aixada, di que é a rella de Taboada Chivite.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://arqueoancares.blogspot.com.es/2011/01/mamoas-e-castros-do-concello-de_3140.html

PXOM do Concello de Becerreá
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/BECERREA/documents/0563CA008.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.81262361947607
Lonxitude: -7.211666107177734
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84