
Outra fotografía:
Tipo de ben: Castelo,
Concello: Ancares (comarca) / As Nogais
Parroquia: Torés
Lugar: Torés
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Aínda que hai quen conxectura que o castelo medieval foi erixido sobre un primitivo asentamento castrexo ou unha torre de orixe romana ou altomedieval, a verdade é que non existen referencias escritas nin arqueolóxicas. Sen embargo, varios autores fan alusión a uns señores de Torés, entre outros Fr. Xerónimo Pardo na súa “Historia del Apóstol Santiago”. Desta antiga linaxe fala tamén, no ano 755, Servando, bispo de Ourense. O licenciado Molina, ao referirse ao castelo, fala de que os Ribadeneira proveñen dun infante galego que foi irmán da lendaria raíña Lupa que, segundo a lenda, mandou construír o castelo, logo de se converter ao cristianismo e para conmemorar o prodixio, como “totem” aos touros que nun carro transportaron o corpo do Apóstolo Santiago. O suposto primeiro señor do castelo sería un tal Lobo Leberio, fillo dun romano, Loberio Ribano, e da raíña Lupa. Outro señor de Torés, a principios do século VIII, sería Diego Bolaño que defendeu a cidade de Lugo. Vázquez Seijas, en “Fortalezas de Lugo y su provincia” (1955), achega unha longa listaxe dos propietarios do castelo que ocuparon diversos cargos durante o reinado de varios reis. O primeiro nobre documentado a mediados do século XV é Álvaro González de Ribadeneira a quen lle foron confiscados os seus bens, a fortaleza entre eles, despois da execución do mariscal Pardo de Cela en Mondoñedo. No ano 1507, a familia dos Ribadeneira mercáronno de novo. O Interrogatorio do “Catastro de Ensenada” (1752-1753) fala da marquesa de Torés. Na actualidade pertence á casa de Medinaceli que recentemente asinou un convenio co Concello para cedérllelo durante vinte e cinco anos. Na actualidade só se conserva unha torre ameada de planta cadrada, duns dez metros de lado e dezaoito de alto, distribuída en tres andares e soto. O arruinado castelo, comido pola vexetación, tivo outras dúas torres unidas ás murallas. No mes de xaneiro de 2013 comezaron os traballos de limpeza da torre e do acondicionamento da contorna para facela visitable.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Vázquez Seijas: “Fortalezas de Lugo y su provincia”
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/castelos-de-galiza.html
http://arqueoloxiadosancares.blogspot.com.es/2011/01/toponimia-do-concello-das-nogais.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.78951162873725Lonxitude: -7.161927223205566
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
Se estiveches nel, valora o estado deste Ben Cultural (é importante):




(6 votos)
620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





10 comentarios
elixiovieites says:
Xan 17, 2013
Os Bens do concello das Nogais nas normas subsidiarias do 1991 da provincia de Lugo, entre os que está
a Fortaleza de Torés en arquitectura militar e defensiva:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo//GALICIA/documents/LUGPA005.pdf
(pax 3 de 9)
Oscar Franco says:
Mar 13, 2013
Novas sobre este Castelo. O director da Fundación Casa Ducal de Medinaceli, propietario da fortaleza, visitou recentemente a parroquia, quen lle cedeu o inmoble ao Concello por un plazo de 25 anos.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2013/03/12/fundacion-medinaceli-apoya-restauracion-pinturas-tores/0003_201303L12C6992.htm
Xabier Moure says:
Mar 13, 2013
O da cesión xa vai incluído na descrición. No tocante a isto non entendo este tipo de “amaños”, o que teñen que facer as administracións diante dun ben que se está a arruinar pola desidia dos seus donos é expropialo e que pase a formar parte do patrimonio do concello. Nas tarefas de acondicionamento da propia torre e da súa contorna estanse a investir cartos públicos (Obradoiro de Emprego subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar). E despois dos 25 anos, qué?
Xabier Moure says:
Set 6, 2014
A nobreza aterra en Torés
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/nobreza-aterra-en-tores.html
Xabier Moure says:
Out 26, 2014
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2014/10/25/jorge-vivero-reclama-propiedad-torre-tores/0003_201410L25C7998.htm
Oscar Franco says:
Feb 23, 2017
Artigo do propio autor desta ficha na páxina web historiadegalicia.gal
http://historiadegalicia.gal/2017/02/historias-da-raina-lupa-e-de-almanzor-nun-castelo-medieval-en-estado-ruinoso/
Oscar Franco says:
Feb 25, 2017
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/as-nogais/2017/02/24/caen-piedras-aumentan-grietas-torre-tores-as-nogaislos-vecinos-califican-tomadura-pelo-pp-diga-n-vi-corgo-correcta/0003_201702L24C8992.htm
Oscar Franco says:
Nov 16, 2017
O castelo de Torés é noticia na prensa escrita do 16 de novembro de 2017:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2017/11/16/torre-tores-salvada-vecinos/0003_201711G16P30995.htm
Oscar Franco says:
Dec 8, 2017
Nova deste ben na prensa escrita do 7 de decembro de 2017:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/as-nogais/2017/12/07/nuevos-pasos-conservar-torre-tores/0003_201712L7C8995.htm
Oscar Franco says:
Feb 5, 2026
A prensa dixital do 4 de febreiro de 2026 denuncia parte do derrube deste ben propiciado polo mal tempo e o seu estado de abandono:
https://www.elprogreso.es/articulo/a-montana/torre-medieval-tores-sufre-mayor-desprendimiento-anos/202602041357361943442.html
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/as-nogais/2026/02/04/desprendimientos-torre-tores-as-nogais-peligro-derrumbe/00031770203799667905445.htm