Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ancares (comarca) / Becerreá
Parroquia: Penamaior
Lugar: Penamaior
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Do século XII. Situado preto da Pena do Pico, o desaparecido mosteiro foi fundado por monxes cistercienses procedentes do Bierzo que o habitaron ata a Desamortización de Mendizábal. Dise que era o único cenobio que non dependía directamente da abadía francesa do Císter. Das antigas dependencias só quedan algunhas piastras que daban ao claustro. As súas pedras foron reaproveitadas en outras construcións. Consérvase a igrexa mosteiral, románica do século XII. De planta basilical, conta con tres naves rematadas por tres ábsidas, a central hexagonal e semicirculares as laterais. A portada está formada por un arco de medio punto con catro columnas con decoración vexetal sobre o que figura o escudo da abadía e unha fornela coa imaxe da Virxe. Nos laterais ábrense unhas ventás con dobre arquivolta sobre columnas. No tramo máis próximo á cabeceira, nun dos laterais, ábrese un óculo decorado con boceis, bólas e cabezas humanas. No tímpano aparece a data ERA MCC (1162). Os dominios do cenobio extendíanse por áreas de Baleira, vales de Neira de Rei e Neira de Xusá (Baralla), Becerreá e A Terra Chá. Un documento do ano 1622 fala de que os monxes recibiron en doazón un viñedo en Millaradello, lugar próximo a Vilafranca do Bierzo, para o seu consumo e para a celebración litúrxica. No interior conxerva un lignum crucis de difícil datación. Hai quen sitúa aquí aos cabaleiros do Temple, a famosa orde monástico-militar.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/mosteiros-de-galiza.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.87693903175645
Lonxitude: -7.207803726196289
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84